O Parlamento de Galicia debate este martes unha proposición non de lei para declarar o 12 de xaneiro como Día da Morte Digna en Galicia, unha iniciativa que introduciu o BNG e que apoian unha vintena de entidades, entre asociacións, plataformas, sindicatos e ONG, xunto coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).