A Xunta avanza nun novo plan eólico: "Cantos máis parques, máis abaratamento da enerxía"

Para a posta en marcha deste plan haberá dúas mesas, unha industrial e outra sectorial. Nelas o peso da industria do sector será importante. Non está prevista a participación nelas de asociacións ecoloxistas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 14:59

Comparte esta noticia

"Para abaratar a factura será en función da maior potencia eólica que haxa instalada. Cantos máis parques, máis abaratemento da factura para os cidadáns". A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana utilizaba esta cuestión da factura eléctrica como un dos seus principais argumentos para denfender o novo plan eólico que a Xunta quere ter listo en 2028.

Muíños eólicos
Muíños eólicos | Fonte: EDP - Arquivo

De feito, o Consello da Xunta deste luns tomou razón da contratación do servizo para a elaboración de estudos e documentos cos que realizar o novo plan sectorial eólico de Galicia, no que supón o primeiro paso para actualizar un texto de hai máis de 20 anos. A previsión é que se licite o contrato para a súa redacción no primeiro semestre e estea aprobado no horizonte de tres anos.

En rolda de prensa, o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, acompañado de Lorenzana subliñaron que o desenvolvemento de "todos os proxectos que se fagan ao amparo" deste plan deberán ter en conta a perspectiva de abaratar a luz de cidadáns e empresas. Este plan, dixeron, persegue entre outros obxectivos adaptarse á normativa comunitaria para achegar "seguridade xurídica" e contará, como novidade,  cunha avaliación ambiental estratéxica.

Para a súa posta en funciónamento poranse en marcha dúas mesas de traballo, unha de tipo industrial (centrada tamén no desenvolvemento dunha industria eólica de fabricación de compoñentes) e outra social, a cal estará conformada por patronal e sindicatos. A conselleira de Economía, María Jesús Lorenzana, aclarou que asociacións ecoloxistas non formarán partes desa mesa social, aínda que a participación pública en cada tramitación está aberta á súa participación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta