A Rede de asociacións de científicos españois no estranxeiro sitúa a Galicia como un "caso de éxito"

Destacaron temas como a colaboración público-privada en I+D+i, a nova estratexia de asesoramento científico no sector público e a estratexia de internacionalización nas grandes infraestruturas científicas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/12/2024 | Actualizada ás 14:08

Comparte esta noticia

A Xunta participou esta semana na IX edición da Reunión de diplomacia científica, tecnolóxica e de innovación española da Rede de asociacións de investigadores e científicos españois no exterior (Raicex), que destacou a Galicia como un "caso de éxito". No encontro, que incluíu sesións de traballo, tratáronse temas como a colaboración público-privada en I+D+i, a nova estratexia de asesoramento científico no sector público e a estratexia de internacionalización nas grandes infraestruturas científicas.

Entre as accións, a Xunta destacou o debate 'Modelo autonómico de RAICEX: unha mirada a un caso de éxito en Galicia', que puxo "sobre a mesa" a colaboración "estable" que desenvolve a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP e esta rede de asociacións científicas. Segundo lembrou a Xunta nunha nota de prensa, no marco destas colaboracións desenvolvéronse "diversas iniciativas" desde 2022 e destacou a participación de representantes da Axencia Galega de Innovación en eventos organizados por asociacións mimebro de Raicex. Esta "alianza" entre entidades enmárcase na campaña de difusión de alcance internacional promovida pola Xunta, que, segundo indicou, "permitiu que máis de 1.500 investigadores residentes no estranxeiro poidan entrar en contacto co ecosistema galego de I+D+i e as súas oportunidades".

Imaxe dun laboratorio
Imaxe dun laboratorio | Fonte: UVIGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta