Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/03/2025 | Actualizada ás 11:22
A Xunta requiriu a máis de 800 persoas que acrediten a súa condición de parte interesada no expediente do proxecto que impulsa a multinacional portuguesa Altri no municipio de Palas de Rei (Lugo). O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns o nome e apelido de 820 persoas que solicitaron que se lles recoñeza como parte interesada no procedemento. A partir deste martes, 4 de marzo, terán 10 días hábiles para acreditar a súa condición.
Segundo a normativa da Administración galega, considéranse interesados nun procedemento administrativo: aqueles que o promovan como titulares de dereitos ou intereses lexítimos individuais ou colectivos; aqueles que teñan dereitos ou intereses que poidan resultar afectados pola decisión que se adopte; asociacións e organizacións representativas de intereses económicos e sociais; así como cando a condición de interesado se deriva dalgunha relación xurídica transmisible, entre outros.
Este anuncio da Conselleíra de Economía e Industria está asinado polo secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez Iglesias. Nas últimas semanas foron chegando cartas da Consellería de Economía aos domicilios de persoas que solicitaron ser parte interesada para que acrediten esta condición.
O proxecto dunha planta de produción de fibras téxtiles a base de celulosa en Pas está pendente de contar con autorización ambiental da Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.