Rueda ironiza sobre a quita da débeda de Sánchez: "Se nos dan os 4.000 millóns, imos xa a por eles"

Pontón e Besteiro critican a Rueda por declinar a condonación da débeda por "submisión" a Feijóo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/02/2025 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

O debate sobre a condonación da débeda, ás portas do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), quentou este mércores a sesión de control do Parlamento de Galicia, onde os líderes de BNG, Ana Pontón, e PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, instaron ao presidente galego, Alfonso Rueda, a aceptar a quita. O mandatario galego, pola súa banda, mantén que é "un negocio ruinoso" e acusoulles de "enganar" aos galegos con "disparates" ao dar a entender que Galicia recibirá os 4.010 millóns de euros da condonación coma se tratásese de "unha transferencia bancaria".

"Se nos fosen dar 4.000 millóns claro que os queremos. Se é así, xa lle digo que si que queremos a condonación. Imos vostede, o señor Besteiro e eu a Madrid a por eles e logo vemos aquí como os repartimos. Con iso podemos pagar os billetes tamén", esgrimiu Rueda, antes de reiterar, xa en ton serio, que a débeda non "desaparece" senón que se "mutualiza". O impacto, advertiu, "son como moito uns 40 millóns (42 millóns, en concreto) en intereses". De feito, mentres os líderes da oposición acusan a Rueda de rexeitar a quita por "submisión" ao PP, que dirixe o expresidente galego Alberto Núñez Feijóo, e de incidir en que eses 4.000 millóns serían fundamentais para os servizos públicos autonómicos, o Goberno autonómico mantén que a condonación suporía en realidade a Galicia asumir 597 millóns máis de débeda.

A explicación que dá a Xunta é que, aínda que a quita reduciría a débeda autonómica en 1.477 euros por habitante, habería que "asumir a estatal", que ascende a 1.699 euros por habitante, "polo que se incrementaría en 220 euros para cada galego e galega". "Eu non esperaba ter que vir aquí a explicar ao presidente da Xunta o que é unha quita. É de primeiro de Economía. Sabe cal é o problema? Que non quere ver o que necesita este país, porque vostede lle está dicindo aos galegos e ás galegas que unha redución da débeda do 33% non significa máis dispoñibilidade de recursos para a Xunta. Deixe xa de mentir para xustificar a súa submisión a Feijóo e a Madrid", replicou Pontón.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control / DAVID CABEZON @ XUNTA / Europa Press
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na sesión de control / DAVID CABEZON @ XUNTA / Europa Press

En concreto, o Goberno autonómico recalca que a "mutualización" dos 4.000 millóns de débeda autonómica non implica a transferencia directa deses recursos e que pasen a estar a disposición de Galicia. Con esta medida, insiste en que parte da débeda de todas as autonomías pasaría a estar asumida pola Administración Xeral do Estado, pero as comunidades non contarían con novos recursos e unicamente aforrarían o pago de parte dos intereses, que no caso de Galicia suporía 42 millóns de euros anuais.

Por iso, Rueda insistiu en que a prioridade de Galicia non é a quita dunha débeda que está en capacidade de asumir, senón a revisión do financiamento autonómico (esixe un mínimo de 500 millóns adicionais para paliar o déficit de anual que computa a Xunta) e a actualización das entregas a conta. Se non se actualizan, o presidente insistiu en que a comunidade deixa de ingresar 127 millóns de euros cada mes. Máis aló, ironizou con que a oposición suxira que un Goberno que "racanea en todo" ("en coches, locais e funcionarios públicos" para a transferencia do litoral, exemplificou) vaia a ter agora "tanta xenerosidade" cos 4.010 millóns da condonación da débeda. "Coche a coche están a negociar", subliñou Rueda.

Besteiro, na mesma liña que Pontón, demandou "responsabilidade" ao máximo mandatario galego e insistiu en que os 4.000 millóns que rexeita o PP "poden financiar vivenda, sanidade e educación". E, tras augurar que os populares acabarán actuando como co decreto ómnibus que incluía a actualización das pensións e "culebreando" para cambiar de postura, instou a Rueda a chamar ao conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, para que vote si á condonación. "Evite o ridículo e evítenos a todos os galegos e galegas un problema", instou o dirixente socialista.

PONTÓN: "NON TRAIZOE A GALICIA"

"Eu non esperaba ter que vir aquí a explicar ao presidente da Xunta o que é unha quita. É de primeiro de Economía. Sabe cal é o problema? Que non quere ver o que necesita este país, porque vostede lle está dicindo aos galegos e ás galegas que unha redución da débeda do 33 % non significa máis dispoñibilidade de recursos para a Xunta. Deixe xa de mentir para xustificar a súa submisión a Feijóo e a Madrid", replicou Pontón, quen, a pesar de que a súa pregunta versaba sobre vivenda, arrincou co financiamento no foco.

Mentres mostraba o titular dun xornal, a líder nacionalista afeou que "a decisión de dicir que non á condonación nin sequera a tomou o Consello da Xunta, senón Feijóo" e, tras acusar a Rueda de converterse en "campión do servilismo" e de ser "o peor presidente da Xunta da historia e o máis antigalego", pediulle que "non traizoe" a Galicia. "O BNG xa fixo o traballo difícil, faga vostede o fácil asinando a condonación e, se lle parece pouco, negocie máis, que terá o noso apoio", garantiu a dirixente nacionalista.

BESTEIRO: "EVÍTESE O RIDÍCULO"

Besteiro, quen arrincou a sesión de control e centrou a súa pregunta a Rueda en financiamento e na quita da débeda, demandou "responsabilidade" ao máximo mandatario galego e insistiu en que os 4.000 millóns que rexeita o PP "poden financiar vivenda, sanidade e educación". Ademais, tras augurar que os populares acabarán actuando como co decreto ómnibus que incluía a actualización das pensións e "culebreando" para cambiar de postura, instou a Rueda a chamar ao conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, para que vote si á condonación. "Evítese o ridículo e evítenos a todos os galegos e galegas un problema", instou o dirixente socialista, quen defendeu que a condonación da débeda é "unha medida ambiciosa", baseada nuns criterios "xustos" e superior ao que ninguén estimaba.

"O BNG falaba sempre de medidas compensatorias con estimacións moito menores que esta", esgrimiu. Dentro da súa liña argumental, tamén incidiu en que as comunidades con concerto económico quedan fóra desta medida porque "a solidariedade se paga con solidariedade". Besteiro volveu a recorrer ao símil da hipoteca e instou a Rueda a explicar a unha familia á que lle perdoan un terzo da hipoteca que a súa "mellor opción" é "dicir que non" e cuestionou a "oposición a todo" do PP, convencido de que, se a proposta partise de Feijóo, o presidente galego diría que é unha decisión "histórica" e aplaudiríaa con intensidade. "Home, eu escapo aos coches; o que parece que non escapa aos coches é vostede", apostilou.

DEBATE SOBRE VIVENDA

Aínda que o foco na da débeda deixou o debate sobre vivenda en segundo plano, Pontón aproveitou a sesión de control para censurar que Rueda estea disposto a "perder" os recursos ligados á quita da débeda cos que se poderían dar pasos en sanidade ou tomar máis medidas para favorecer o acceso á vivenda. "Sabe cantas vivendas poderiamos construír cos 4.000 millóns de euros de quita negociada polo BNG?", preguntou Pontón, quen cualificou de "bluf" a política autonómica nesta materia, á que criticou por non declarar zonas tensionadas, de non controlar o incremento de vivendas turísticas e mesmo de "manter no rexistro da Xunta vivendas que son ilegais".

Pola súa banda, puxo sobre a mesa tres propostas concretas: declarar zonas tensionadas para controlar a subida dos prezos dos alugueres, "retirar todas as vivendas turísticas ilegais que hai no rexistro da Xunta", e fixar un tope ás vivendas turísticas por habitante. "Dígame vostede, se é unha solución tan boa, por que a día de hoxe ningún concello e, cando digo ningún, inclúo os do goberno do BNG, pediu as zonas tensionadas", replicou Rueda, quen defendeu que a vivenda será "un eixo de goberno nesta lexislatura".

Entre outras cuestións, lembrou o compromiso de cumprir co obxectivo de dobrar o parque público de vivenda, ao pasar de 4.000 a 8.000, e lembrou que a Xunta xa ten en marcha máis de 2.000 vivendas, ademais de triplicar " o orzamento destinado a este fin" e traballa en medidas específicas co foco a axudar aos mozos a adquirir a súa primeira vivenda. Igualmente, lembrou que colabora coa iniciativa privada e puxo en funcionamento a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 xivi

Es lo que tiene poner a un inútil de líder de una organización delictiva en forma de partido político