O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, concluíu que a proposta de condonación é un "primeiro paso" do Executivo e o "segundo", segundo augurou, será o "financiamento singular" para Cataluña.
  comenta   0
A Xunta argumenta que "non se vai prestar a ser utilizada". O PSdeG denuncia que o PPdeG "traizoa a Galicia". Sumar Galicia apoia a medida e di que resolve "o grave problema da excesiva débeda das comunidades xerado pola política fiscal e orzamentaria que aplicou o PP".
  comenta   0
Miguel Corgos fixo fincapé na necesidade de "medidas no campo tributario" co obxectivo de "rebaixar o custo do acceso á vivenda tanto para a construción de vivenda pública como privada e o acceso habitacional abaratando os alugueres".
  comenta   0
A finais de ano, o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, enviou unha carta á ministra de Facenda, María Jesús Montero, para "lembrarlle cales son as prioridades" de Galicia, entre elas a inclusión no CPFF dun punto concreto para tratar a revisión do sistema de financiamento autonómico.
  comenta   0
O Consello da Xunta aprobou na súa reunión deste luns o proxecto de Lei de Intelixencia Artificial de Galicia, unha norma coa que a comunidade se converte na primeira en España e na primeira rexión europea en regular por lei esta tecnoloxía para potenciala e, á súa vez, facela "ética e segura" para a poboación.
  comenta   0
A Xunta destaca o dominio '.gal' para a proxección da cultura, a lingua e as empresas galegas na rede.
  comenta   2
Os grupos da oposición no Parlamento, BNG e PSdeG, pediron "resetear" os orzamentos da Xunta para 2025, ao considerar que benefician ás construtoras, as concesionarias das autoestradas e as grandes fortunas.
  comenta   0
Facenda aprobará en 2025 un plan de recursos humanos para maior transparencia e menor duración de procesos selectivos. Prevé "automatizar" os concursos de méritos "para axilizalos e resolvelos no prazo dun ano"
  comenta   0
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) mostrou o seu rexeitamento á proposta ao "seguir a liña de condicionalidade defendida pola Xunta nestes anos", polo que reclama que se incremente a parte incondicionada do Fondo de Cooperación Local que reciben os 313 concellos a través de criterios obxectivos.
  comenta   0
O BNG censura a xestión "cortoplacista" e "caciquil" de fondos europeos por parte da Xunta. O PP asegura que dicir que a Xunta non é quen de xestionar os fondos europeos "é un chiste".
  comenta   0
O espazo ofrece servizos gratuítos a empresas TIC para promover solucións innovadoras e conectar con outros axentes tecnolóxicos.
  comenta   0
Rueda agarda que o Consello de Política Fiscal e Financeira non sexa só para informar "de reparticións" de fondos "previamente acordados con comunidades autónomas concretas".
  comenta   1
O conselleiro de Facenda e Administración Pública insistiu na necesidade dunha negociación "multilateral" na que as comunidades autonómicas participen en "igualdade".
  comenta   0