A Xunta presume do "bo uso" dos fondos europeos para incrementar o emprego en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2024 | Actualizada ás 13:18

Comparte esta noticia

O "bo emprego" do fondo social europeo plus (FSE+) contribuíu a incrementar o traballo e a garantir unha distribución "igualitaria" da riqueza en Galicia, segundo reivindicou o conselleiro de Facenda, Miguel Corgos. Así o destacou durante a benvida aos membros do comité de seguimento do fondo, que este martes se reuniu na capital galega.

Na segunda reunión do comité de seguimento do programa (FSE+ Galicia 2021-2027) participan o director xeral de Cohesión e Fondos Europeos, Ángel Tarrío; xunto con representantes da Comisión Europea e da Unidade Administradora do Fondo Social Europeo (UAFSE) do Ministerio de Traballo e Economía Social.

Tamén están presentes representantes dos organismos xestores das actuacións na Xunta, así como das organizacións máis representativas nos ámbitos do emprego, a educación e a inclusión social: universidades, sindicatos e entidades do terceiro sector.

Na súa intervención, Corgos sinalou que a comunidade alcanzou a taxa de emprego máis alta no que vai de século, un 66,8%. Ademais, valorou que o traballo da Xunta na execución deste fondo contribúe a manter uns "baixos índices de desigualdade" na distribución da riqueza. O comité realiza visitas a varios programas cofinanciados polo fondo, nos ámbitos da protección á infancia e a inclusión social. En concreto, este luns visitaron na Pobra do Caramiñal o Programa de Espazos de Preservación Familiar e este martes verán o Centro Vieiro de Cáritas en Santiago.

Reunión da comisión de seguimento do fondo social europeo, en Santiago. XUNTA
Reunión da comisión de seguimento do fondo social europeo, en Santiago. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta