O empresariado a favor, agora, de que a enerxía galega tamén benefice aos recursos do país

A patronal apoia a nova lei da Xunta de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2024 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mostrou o seu apoio "á introdución de medidas que, sempre sen prexuízo do marco xurídico e da necesaria seguridade xurídica", supoñan que as empresas e autónomos de Galicia "conten cun soporte que garanta que no futuro serán beneficiarias dos recursos propios da súa terra".

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, asegurou que se trata dun momento "crave para definir o futuro produtivo" de GAlicia, o que , engadiu, "debe pasar necesariamente pola industrialización e o establecemento de unidades de produción en Galicia". "A dispoñibilidade de enerxía a prezos competitivos, así como a súa orixe renovable, son factores esenciais para atraer e reter proxectos en Galicia e contamos con condicións idóneas para a produción de enerxía renovable e en particular para a produción de enerxía eólica", expresou.

Por todo iso, segundo destacou a patronal nunha nota de prensa, o empresariado considera "lóxico e innegociable" que a produción de enerxía en Galicia redunde en beneficio das comunidades locais e consecuentemente nas empresas e profesionais que desenvolven a súa actividade no territorio.

Neste sentido, apoian a Lei 2/2024, de 7 de novembro, impulsada por Alfonso Rueda, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia ten por obxecto "promover o desenvolvemento sustentable mediante a regulación e promoción de actuacións e instrumentos como a procura do maior beneficio social e económico na execución dos proxectos, entendendo como tales beneficios, entre outros, a redución dos custos da enerxía e a redución da dependencia enerxética das persoas consumidoras locais e industrias do ámbito de influencia dos proxectos".

MELLORA DA COMPETITIVIDADE

Así, os empresarios inciden en que "as medidas que en materia enerxética contribúan aos devanditos obxectivos merecen unha valoración positiva", xa que "contribuirán, á súa vez, á competitividade das empresas e á imprescindible transformación de Galicia". Nesta liña, sosteñen que "as empresas que producen enerxía en Galicia veñen contribuíndo xa desde hai moito tempo con parte dos seus beneficios por diferentes vías ademais do emprego e dos investimentos ao desenvolvemento de Galicia".

Así mesmo, subliñaron que é "unha boa noticia" que os galegos poidan "sacar partido da enerxía" que se produce no territorio. A isto engadiron que é importante "concretar o modo" en que se materializa dita contribución e para iso entenden como "imprescindible" traballar "desde o diálogo e o entendemento", para calquera adaptación que se pretenda das condicións dos proxectos de enerxía en Galicia.

Juan Vieites, presidente da CEG
Juan Vieites, presidente da CEG | Fonte: Europa Press

SEGURIDADE XURÍDICA

Todo iso, opinou, "debe realizarse sen prexuízo do marco xurídico do mercado eléctrico, da liberdade de empresa e dos principios e liberdades do Mercado Único Europeo". Segundo sinalou á CEG, Galicia conta con máis de 50 proxectos paralizados por medidas cautelares ou á espera da cuestión prejudicial elevada ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

"Non podemos permitirnos introducir máis incerteza, senón traballar en favor dos obxectivos expostos desde a certeza e a confianza", advertiu Vieites, que indica tamén que "Galicia debe apostar por medidas que apoien e favorezan ás empresas que estean establecidas no territorio e especialmente onde se produce enerxía verde, como xa puxeron en marcha outras comunidades autónomas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta