A xeración renovable crece un 8% e supón o 85% do total de enerxía en 2024.
  comenta   0
Norvento construirá en Lugo unha fábrica de última xeración que fabricará aeroxeradores de vangarda, equipos de almacenamento de baterías avanzados e convertidores de enerxía modernos.
Non era a primeira vez que tiña que asistir a unha cea de negocios. Sempre eran con xente cativa pero estes comensais eran excepcionalmente noxentos. Había políticos e empresarios. Donos de empresas importantes relacionadas coa enerxía , coa banca ,cos medios de comunicación …
  comenta   0
A vicepresidenta terceira do Goberno, Sara Aagesen, anunciou que Galicia forma parte dos lugares onde se investirán máis de 1.100 millóns de euros para a creación de vales de hidróxeno
  comenta   0
Tanto o parque de Coriscada como Serra da Panda están entre os municipios de Mañón e Ortigueira, e o de Muras abrangue o concello homónimo e a Ourol.
  comenta   0
Os proxectos que opten ás axudas deben ser de execución plurianual, dunha única fase e non poderán estar empezados antes da presentación da solicitude
  comenta   0
A ministra Sara Aagesen asegurou que, "a pesar da responsabilidade que ten a Xunta de Galicia" nesta situación, o Goberno é "responsable" e atopou "unha solución" que pasa polo feito de que nos concursos de acceso a esa rede teñan prioridade aqueles proxectos que teñan "un avanzado estado de tramitación"
O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste martes publica o acordo polo que se abre de novo o período de alegacións para esta liña eléctrica correspondente coa ampliación denominada Edreira I, emprazada nos concellos da Lama e Fornelos de Montes
  comenta   0
A multinacional portuguesa reforza a súa presenza en Galicia e a súa alianza con Greenalia, a través de Smarttia, o holding empresarial controlado por Manuel García Pardo. Un movemento empresarial que ten lugar nun momento decisivo para a aprobación da gran megacelulosa en Palas de Rei.
  comenta   0
Naturgy proxecta unha central hidroléctrica no río Miño, entre as provincias de Ourense e Pontevedra, chamada Filgueira e que contará cun investimento de 500 millóns de euros.
  comenta   0
En concreto, o denominado pool rexistrará este luns o seu máximo valor de 170 euros/MWh na franxa de 21.00 a 22.00 horas, mentres que o mínimo estará en 114,41 euros/MWh, de 3.00 a 4.00 horas da madrugada, segundo os datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).
  comenta   0
Segundo datos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), máis do 80% dos edificios e vivendas en España teñen unha cualificación enerxética de tipo E, F ou G.
  comenta   0
Para o profesor emérito Ad-Honorem da USC e consultor da IAEA, Ignacio Durán Escribano, a enerxía nuclear debería ser considerada xa a día de hoxe como "un complemento das renovables dentro dunha rede eléctrica de escala nacional". "A súa pegada de carbono é mínima e estímase que no 'mix' ideal debería incluírse un 20 % de enerxía nuclear, alo menos na previsión de cara aos próximos 40 anos", apunta.
  comenta   3
A humanidade atópase nunha encrucillada histórica marcada por unha crise de alcance planetario cuxa escala, complexidade e velocidade superan a capacidade de resposta dos sistemas políticos tradicionais.
  comenta   0
A oferta do Ministerio de Facenda é garantir que o decreto lei se tramite despois como un proxecto de lei e así poder converter o gravame nun imposto, pois non se poden crear tributos mediante a figura do decreto
  comenta   0
Varias decenas de persoas de colectivos que forman parte da plataforma concentráronse na tarde deste martes ás portas do Parlamento de Galicia para manifestar o seu rexeitamento á modificación a través da lei de medidas fiscais e administrativas introducida polo PP para que se poidan 'retramitar' parques parados xudicialmente
  comenta   0
A Asociación de Comercializadores Independentes de Enerxía (ACIE) incide en que entre as súas consecuencias "atópanse a posible ruptura de contratos de venda de electricidade a longo prazo (PPAs) xa subscritos, o incumprimento da normativa europea en materia de mercado eléctrico e a vulneración dos principios de libre competencia e liberdade de empresa".
  comenta   0
Desde que Iberdrola expuxo os dous primeiros parques para instalar fronte ao litoral galego, en xullo de 2021 (denominados 'San Cibrao' e 'San Brandán'), pasaron máis de tres anos e outros 18 proxectos
  comenta   0
Este incremento tradúcese nun prezo medio da electricidade coa tarifa PVPC de 0,1743 euro/kWh, cando no mercado libre hai ofertas moito máis competitivas
  comenta   0
Sempre pensei e defendín que que os habitante dun lugar, neste caso comunidade autónoma ou provincia, por aportaren certos recursos naturais e soportaren certas servidumes, asístelles o dereito de percibir, ou de que se invistan polo menos nese lugar parte dos beneficios que as empresas quitan da súa terra. Ben sei que, en aras de non sei que política, non sempre é así. E esa é a realidade de Galicia e dentro dela a deste Ourense como gran produtor de enerxía eléctrica.
  comenta   0
O investigador e profesor da Universidade da Coruña (UDC) Alejandro Martínez Abraín pon sobre a mesa que a idea de que o CO2 podía influír sobre o clima e a temperatura non é nada novo, senón que foi plantexada xa polo científico sueco Arrhenius, a finais do século XIX e comezos do XX. A Margaret Thatcher, a primeira ministra británica conservadora, víñalle ben retomar esa hipótese no seu afán por independizarse dos Países Árabes e do petróleo que estes lle proporcionaban, fomentando a enerxía nuclear.
  comenta   0
Se o Goberno galego buscase pór a enerxía producida en Galicia a disposición dos galegos, "o que faría é pór unha empresa pública de enerxía e unha planificación do desenvolvemento eólico facendo unha avaliación do impacto", incidiu a portavoz nacional do BNG.
  comenta   0
O proxecto autorizado pola Administración autonómica, tal e como consta no auto, foi a construción dunha liña para evacuar a enerxía eléctrica de catro parques eólicos ao longo de 18.755 metros
  comenta   0
A patronal apoia a nova lei da Xunta de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia.
  comenta   0
O PSdeG acusa ao Goberno galego de "construír a casa polo tellado" polas medidas "transitorias" que afectan ao sector.
  comenta   0
Os promotores eólicos deberán asinar acordos con empresas galegas "polo menos" polo 50 % da enerxía producida.
  comenta   0
Físicos din que o cambio de hora adapta a actividade humana á natureza, pero difiren sobre se aforra enerxía.
  comenta   0
Por destino económico dos bens, o sector industrial con maior influencia negativa na evolución da taxa anual do índice xeral foi o de enerxía, que caeu un 16,8 %, 10,6 puntos por baixo da de agosto, debido ao descenso dos prezos da produción, transporte e distribución de enerxía eléctrica, do refino de petróleo e, en menor medida, da produción de gas, e a distribución por tubaxe de combustibles gaseosos, fronte ao incremento no mesmo mes de 2023, segundo os datos que publica este venres o INE.
  comenta   0
O parque eólico contará cunha potencia a instalar de 19,8 Mw e cunha produción media neta estimada de 52.368 Mwh/ano, ademais dun orzamento de execución de 17,4 millóns e un prazo de execución de doce meses
  comenta   0
Estes municipios prevén contratar a subministración de enerxía eléctrica para as dependencias, instalacións e iluminación pública mediante procedemento aberto suxeito á regulación harmonizada para un servizo de prestación obrigatoria para todos os municipios.
O goberno galego anuncia unha comercializadora de enerxía con participación pública. O obxectivo será “protexer parques eólicos e baixar os prezos enerxéticos ás pemes”. Outras operacións con participación pública da Xunta, como a das antigas caixas galegas ou Pescanova, acabaron en fracaso.
  comenta   0
A hipotética intervención do Estado na factoría de Alcoa San Cibrao é unha proposta que moita xente espera como “auga de maio”. Partidos como o BNG ou PP piden xa a intevención estatal. Outras voces consideran necesario o estudo da situación económica e de mercado antes que calquera intervención, pois podería ser unha medida moi arriscada para as arcas públicas.
  comenta   0