Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/02/2025 | Actualizada ás 14:15
O Consello da Xunta deu este luns luz verde ás previsións de repotenciación de parques eólicos, que prevén a redución dun total de 286 aeroxeradores, ao pasar dos 361 actuais existentes en Galicia a 75. Destacouno este luns o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, na súa comparecencia posterior á reunión do Consello, na que destacou que esta repotenciación e redución do número de aeroxeradores levará a cabo sen baixar a produción enerxética. Rueda, que lembrou a recente aprobación do plan eólico, destacou que a día de hoxe, case o 45 % da enerxía que se produce en Galicia ten unha orixe renovable.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.