GC Aberto

A cea. Altri non

Non era a primeira vez que tiña que asistir a unha cea de negocios. Sempre eran con xente cativa pero estes comensais eran excepcionalmente noxentos. Había políticos e empresarios. Donos de empresas importantes relacionadas coa enerxía , coa banca ,cos medios de comunicación …

Por admin | Ferrol | 10/03/2025

Comparte esta noticia

Francisco Maceira

Unha muller protesta fronte á fábrica Ence durante unha nova manifestación contra as empresas de celulosa Altri e Ence, a 16 de xuño de 2024, en Pontevedra
Unha muller protesta fronte á fábrica Ence durante unha nova manifestación contra as empresas de celulosa Altri e Ence, a 16 de xuño de 2024, en Pontevedra | Fonte: Adrián Irago - Arquivo

E alí no medio de todos eles estaba eu.  A cea en sí foi boa, houbo marisco a rodar, e do caro.  Como experto, a miña misión  era  darlle o aprobado medioambiental a aquela  monstruosidade. O viño, do mellor. Dese branco polo que  tolean  en Estados Unidos .Pasei a comida  pensando si o que ía facer era correcto e ata  onde aguantaría a miña dignidade. Despois do café abriron unha botella de whisky máis vello ca  min. Tiña que facelo pola muller, polos nenos, por meu pai que tantos esforzos fixo  para darme carreira. E despois… para meterme na Xunta. Como lle digo que tiro a toalla por culpa dunha puta comarca? Que me importa se  acabamos co medio de vida dos gandeiros, dos mariscadores , cun ecosistema singular, cunha ría impresionante, co turismo , co patrimonio da humanidade, co mar dos meus avós…?

Trouxeron unha caixa de cohibas. Prendín lume a un cigarro. O whisky   tiña arume a carballo.  Todos rían a gargalladas.  Ver arder aquel habano ,cuxa caixa  custaba máis do que algún home  –como meu pai-  gaña ó mes, pareceume inmoral. O fume diluiase como a honestidade dos que alí estabamos. Pero xa nada se podía facer.  O momento era histórico.

Fume cubano e   single malt  para celebrar a desfeita da  ría de Vilagarcía e da comarca do Ulla . Estaba decidido. ALTRI se instala en Palas de Rei.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta