Accidente mortal en Curtis: M.V.B., de 57 anos, falecido tras envorcar unha ambulancia

O accidente tivo lugar na madrugada, mobilizando a Protección Civil e ao 061, que enviou dúas ambulancias e persoal do PAC de Curtis para atender a situación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2024 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

O condutor dunha ambulancia, de 57 anos e con iniciais M.V.B, perdeu a vida este domingo tras saírse da vía o vehículo sanitario no que circulaba pola estrada AC-230, ao seu paso polo municipio coruñés de Curtis, e quedar envorcado nunha leira.

Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro ocorreu pouco antes das 01:00 horas. Foi un particular quen deu aviso á central de emerxencias alertando de que escoitara un ruído e observaba unha ambulancia envorcada na leira da súa casa, situada no lugar das Mingueiras, na parroquia de Fisteus.

Con estes datos, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias trasladou a información ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, ao GES de Curtis, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Curtis.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencias tiveron que empregar material de excarceración para liberar á vítima, xa falecida. Pola súa banda, o 061 enviou ao momento dúas ambulancias asistenciais de soporte vital básico e tamén desprazou a persoal sanitario da PAC de Curtis.

Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo  / Europa Press
Helicóptero e ambulancia de Urxencias Sanitarias 061 Galicia / Europa Press - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta