Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 10/11/2024 | Actualizada ás 14:13
O corpo sen vida da veciña de 93 anos do municipio ourensán da Pobra de Trives que se buscaba desde este sábado foi localizado durante a mañá deste domingo. Así o confirmou o consistorio municipal, que trasladou o seu pésame a familiares e amigos e agradeceu ás forzas e corpos de seguridade do Estado, Protección Civil e veciños a súa colaboración nos labores de procura.
Segundo notificou o 112 Galicia, a central de emerxencias recibiu o aviso da desaparición pouco antes das 00.30 horas despois de que a muller leva desde o xoves sen ser vista polos seus achegados.
Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informou ao GES de Castro Caldelas e ao de Quiroga, así como á Garda Civi e ás Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Pobra, de Quiroga e de Chandrexa de Queixa. Finalmente, o dispositivo de procura atopou este domingo o corpo sen vida de Rosa Álvarez nun camiño do lugar de San Fiz, na localidade ourensá.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.