Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2025 | Actualizada ás 11:14
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou que no primeiro semestre deste ano levarán a cabo os exames de 31 procesos selectivos, con máis de 13.000 aspirantes que optarán a 1.164 prazas.
Así o detallou este sábado durante a súa visita á Facultade de Dereito, que esta xornada acolle as probas selectivas de promoción interna dos corpos superior (A1) e auxiliar (C2) da Xunta.
Corgos explicou que na xornada do domingo desenvolveranse en Silleda as probas selectivas de promoción interna ao corpo administrativo (C1). "En total este fin de semana están citados máis de 1.400 aspirantes, que optarán a 585 prazas de promoción interna deste catro corpos da Administración Autonómica", sinalou.
Así mesmo, lembrou que entre as especialidades que realizarán os exames os próximos meses atópanse: a Escala Técnica de Delineantes, a Escala Técnica de Análise de Laboratorios, a Escala Técnica de Mantemento de Servizos, a Escala Técnica de Finanzas, a Escala de Inspectores de Consumo, a Escala de Xestión de Sistemas de Informática, a Especialidade en Educador Social, a Especialidade de Enfermaría e a de Persoal de Servizos Xerais. Desta forma, cada unha das especialidades xa teñen a data na que se celebrarán os exames publicada na páxina web da Xunta.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.