Sindicatos en pé de guerra pola protección social

Acusan ás formacións políticas de empregar as pensións como moeda de cambio parlamentaria.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/02/2025 | Actualizada ás 11:18

Comparte esta noticia

Os sindicatos CCOO e UXT mobilizaranse este domingo, 2 de febreiro, en toda España para denunciar o uso "oportunista" da protección social por parte das formacións políticas. As protestas, baixo o lema "Cos dereitos da xente non se xoga", buscan esixir aos grupos parlamentarios que aproben sen dilacións o novo decreto 'ómnibus', que inclúe medidas como a revalorización das pensións e as axudas ao transporte. Os líderes sindicais Unai Sordo e Pepe Álvarez encabezarán a concentración en Madrid, mentres que haberá mobilizacións en todas as comunidades autónomas.

Manifestación pensións.. UXT-A
Manifestación pensións.. UXT-A

A pesar da aprobación dun novo decreto negociado con Junts e co previsíbel apoio do PP, os sindicatos manteñen a protesta para demandar "responsabilidade e compromiso" e evitar que a protección social volva ser utilizada como moeda de cambio político. Tamén reclaman que se avance na redución da xornada laboral a 37,5 horas, unha medida que consideran clave ante a ausencia de orzamentos xerais para 2025 e os desafíos para concretar políticas públicas fundamentais.

Sobre as pensións, CCOO e UXT insisten na necesidade de garantir a súa sustentabilidade a través de medidas como a cota de solidariedade aos salarios altos e o reforzo dos Mecanismos de Equidade Interxeracional (MEI). Critican que algúns partidos apoien a revalorización das pensións pero rexeiten os ingresos que a fan posible, o que, ao seu ver, pon en risco o sistema público e podería abrir a porta á súa privatización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta