Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/01/2025 | Actualizada ás 11:34
Galicia rexistrou 7.904 mortes e 3.247 nacementos no segundo trimestre de 2024, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto, as defuncións, 7.904, correspondéronse con 3.891 homes e 4.013 mulleres, e foron un 4,43% máis que as contabilizadas no mesmo período do ano anterior.
Os nacementos, 3.247 no segundo trimestre do ano pasado, foron un 6,10% menos que as de igual período de 2023, e repartíronse entre 1.690 homes e 1.557 mulleres.
DEFINITIVOS 2023
En 2023, o número de falecidos en Galicia foi de 32.782, que son 2.214 menos que en 2022. O número de nacementos segue o descenso que se iniciou en 2009 e sitúase en 2023 en 14.004.
Deste xeito, o saldo vexetativo ou crecemento natural da poboación (diferenza entre o número de nacementos e o de defuncións) foi de 18.778 persoas menos (en 2022 fora unha cifra negativa en 20.501 persoas). Hai máis de 30 anos que Galicia non presenta un saldo vexetativo positivo.
Ademais, en 2023, só tres dos 313 concellos presenta un saldo vexetativo positivo. Os sete grandes concellos presentan todos saldo negativo. Ese ano rexistráronse en Galicia 9.028 matrimonios, 212 deles do mesmo sexo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.