A familia real belga completa o Camiño de Santiago oito anos despois de inicialo

Foron facendo o Camiño por etapas durante os periodos de Semana Santa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/04/2025 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

Os reis Felipe e Matilde de Bélxica, xunto aos seus fillos, terminaron este mércores o Camiño de Santiago oito anos despois de inicialo. Desde 2017, os monarcas foron completando etapas do Camiño durante as vacacións de Semana Santa.

Este mércores, o perfil de instagram da familia real belga publicaba un pequeno vídeo no que se mostraban momentos desta última etapa e a súa chegada á Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela.

A familia real belga na Praza do Obradoiro, en Santiago, tras completar o Camiño de Santiago
A familia real belga na Praza do Obradoiro, en Santiago, tras completar o Camiño de Santiago | Fonte: FAMILIA REAL DE BÉLXICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta