A Xunta incluirá "fondos de continxencia" nas contas por falta de datos do Estado e reforzará o financiamento local

O conselleiro de Facenda queixouse da "incerteza" que padece o Goberno galego para elaborar as contas de 2025.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/10/2024 | Actualizada ás 16:37

Comparte esta noticia

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, queixouse da "incerteza" que padece o Goberno galego para elaborar as contas de 2025 por ausencia dunha senda oficial de obxectivos de déficit do Estado. Critica que "falten 'inputs" para a súa elaboración como "cal será a evolución da masa salarial para o ano que vén", o que "obrigará a contar con algunha serie de fondos de contigencia no orzamento en previsión das decisións definitivas do PGE, se é que se aproban este ano". Diso informou tras senllas reunións este venres con representantes dos sindicatos e a patronal para informar as liñas mestras destes orzamentos que a Xunta presentará a próxima semana.

Preguntado polas diferentes reivindicacións dos axentes sociais, Corgos dixo que "sempre" toman nota e tómase "moi en serio" a súa opinión. Así, avanzou que a Xunta "reforzará o financiamento das corporacións locais nos orzamentos".

Igualmente, remarca que se guiaron pola "prudencia" nas estimacións, á vez que reiterou as previsións dun crecemento do Produto Interior Bruto (PIB) do 2,1% para 2025, o que confirma un crecemento "continuado desde fai cinco anos". "Seguiremos xerando emprego", cunha taxa de desemprego que roldará o 9,1%, "despois de baixar este ano por primeira vez do 10%".

A isto súmase unhas contas "sen endebedamento" nun "marco de incerteza en elaboracion das débedas", pois Corgos considera "importante que as incertezas no contexto económico non se trasladen a empresas nin familias".

Reunión de Miguel Corgos coa CEG. XUNTA
Reunión de Miguel Corgos coa CEG. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta