"A sanidade está nun estado deplorable. Tratouse mal aos profesionais e esta é unha oportunidade única para que o Ministerio colla as rendas e presente unha proposta salarial que satisfaga a todas as categorías. Estou a falar de xente que ten unha formación que debe de ser recoñecida e que, despois dos aplausos que recibimos na pandemia, non tivemos ningunha resposta que satisfaga a ninguén", afirmou o presidente do sector de Sanidade de CSIF, Fernando Hontangas.
  comenta   0
Segundo Rafa Domínguez "o PSOE xa nos ten adoitados" a estes cambios de postura, "hoxe están aquí, mañá están alá e pasado na República Dominicana, que é onde acaban todos os corruptos do PSOE", afirmou o portavoz do PP despois do voto favorable do PSOE aos orzamentos.
  comenta   0
O presidente expón a súa posición tras os cumios europeos, mentres Feijóo reclama máis transparencia e pide eleccións se non hai orzamentos
  comenta   0
Os presidentes da Xunta de Andalucía e da Xunta de Galicia, Juanma Moreno e Alfonso Rueda, respectivamente, xustificaron este martes o acordo anunciado este pasado luns polo seu compañeiro de partido con Vox para aprobar o orzamento autonómico valenciano deste ano 2025 debido á "necesidade" da rexión de contar cunhas contas públicas que posibiliten a súa "reconstrución" tras a DANA.
  comenta   0
Defende a Mazón por buscar a "estabilidade" nos orzamentos pero critica a Vox por estar en contra do Pacto Verde e a favor das políticas de Donald Trump.
  comenta   0
As estimacións do BNG cifran entre 140 e 220 millóns de euros o gasto en alimentación da Xunta, o que representaría entre o 1 e o 1,5 % do gasto non financeiro dos orzamentos autonómicos para o ano 2025.
  comenta   0
"No anterior Xacobeo, houbo tres anos de bonificacións para preparar con calma e con estratexia a celebración. Xa levamos un ano perdido", dixo Borja Verea, mentres a oposición, que votou a favor da iniciativa, cuestionou por que esta se vota por terceira vez cando xa fora aprobada con anterioridade.
  comenta   0
"Hai que volver á democracia e non estar supeditados nin á OTAN nin Estado Unidos", afirmou a eurodeputada nacionalista Ana Miranda durante o debate da Comisión Europea no que a presidenta Von der Leyen presentou o seu proxecto 'Rearm EU'.
  comenta   0
Durante a protesta, convocada pola CIG, pediron a xornada de 35 horas e unha subida salarial do 5 % asegurando que nos últimos 15 anos o funcionariado "perdeu máis do 20 % do seu poder adquisitivo".
  comenta   0
Miguel Fernández será investido alcalde de Lugo o vindeiro martes nun pleno ás 19,00 horas en substitución da falecida Paula Alvarellos.
A autovía unirá as localidades de San Cibrao, no termo municipal de Cervo e Barreiros, conectándoas á súa vez coa vía de alta capacidade Costa Norte e coa autovía A-8.
O vicesecretario de Economía do PP alerta de que a débeda seguirá recaendo sobre os cidadáns malia a medida do Goberno.
  comenta   0
Muíños lamenta "a incerteza xerada" por quen quixeron "usar" as contas municipais "para reivindicarse ou simular un exercicio de poder".
A pesar das diferenzas existentes no grupo por mor da crise que derivou na expulsión dos edís Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez, os seis concelleiros que polo momento integran o Grupo Municipal Socialista poderán votar no mesmo sentido.
"Estamos seguros de que haberá responsabilidade e altura de miras cos veciños dun concello que necesita ter aprobados os orzamentos canto antes para poder seguir con normalidade, iso é o que esperamos", aseverou a portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao.
Gonzalo Muíños acusa os edís socialistas Guinarte e Abal de "mentir" sobre a negociación dos orzamentos
O deputado nacionalista Mon Fernández denunciou a "demora inxustificada" dun regulamento estatal que debería aprobarse antes do 20 de xaneiro de 2023
  comenta   0
A preguntas dos medios sobre se contemplaría vincular as contas a unha moción de confianza, a rexedora foi tallante: "Non contemplo a posibilidade de que saia mal".
Baseándonos no tempo que levou realizar outros tramos xa inaugurados destas autovías fundamentais para o desprazamento entre grandes cidades galegas, Galicia Confidencial calcula se os prazos dados polos organismos competentes para a finalización dos tramos restantes son viables na práctica.
  comenta   0
A reforma inclúe, entre outras medidas, o recoñecemento da teleasistencia como dereito universal para todas as persoas con dependencia, o recoñecemento automático do 33 % de discapacidade ás persoas con algún grao de dependencia e a supresión das incompatibilidades entre as prestacións.
  comenta   0
A portavoz de Economía e Industria do PSdeG no Parlamento de Galicia, Patricia Igrexas, presentou unha batería de iniciativas para reclamar á Xunta que "consensúe" co sector eólico e os concellos medidas de fomento e incentivos para os programas de renovación dos aeroxeradores.
  comenta   0
Os populares reclaman a habilitación dos procedementos fiscais para as empresas que queiran patrocinar actividades do evento.
  comenta   0
"Xa que o presidente da Fegamp fala tanto das dificultades de financiamento dos concellos, é a súa oportunidade para dar voz ao municipalismo e reclamar ao Goberno de Sánchez que nos dea autonomía para investir no que consideremos prioritario", concluíu o vicepresidente primeiro da FEGAMP, Ángel Moldes
  comenta   0
"Prevén implantar e desenvolver tantos parques e proxectos fóra e á marxe dese plan que ao final non sei para que lles vai valer", afirmou a viceportavoz parlamentaria do BNG Olalla Rodil.
  comenta   0
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, incidiu en que "non ten ningún temor" respecto de que se cumpra o acordo orzamentario que asinou co PSOE local tras o cambio.