Listas as oposicións de Educación para o 21 de xuño con 1.664 prazas en 50 especialidades

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2025 | Actualizada ás 18:28

Comparte esta noticia

O Consello da Xunta deu este luns o seu visto e prace ao decreto e á orde de convocatoria da oferta pública de emprego (OPE) de Educación para 2025, que constará dun total de 1.664 prazas no medio centenar de especialidades. As probas celebraranse o sábado 21 de xuño, como xa se anunciou a semana pasada aos sindicatos.

A OPE, que será pola modalidade de concurso-oposición, esgotará a taxa máxima de reposición do 120 por cento, establecida polos Orzamentos Xerais do Estado de 2023, os que hai actualmente en vigor. De todas as vacantes, 1.424 serán de acceso libre: 918 de Secundaria --ESO e Bacharelato--, 426 do corpo de mestres, 80 de especialistas de sectores singulares de FP e outras 10 de inspectores de Educación.

De entre os de Secundaria, o grupo máis númeroso son os profesores de Inglés, para os que haberá 104 postos, incluídos os reservados para discapacidade. Séguenlle os de Lingua e Literatura Galega, con 77 prazas; de Informática, con 62; Sistemas e Aplicacións Informáticas, con outras 62; e Tecnoloxía, con 58.

En canto ao corpo de mestres, a OPE incluirá 426 prazas en total, 53 delas para persoas con discapacidade. Hai 122 vacantes da categoría de Educación primaria e outras 79 de Infantil, á parte doutras especialidades como Inglés, con 53. Tamén cabe destacar, dentro do corpo de mestres, as 53 prazas convocadas en Audición e Linguaxe (Ao)/Ao) e as 40 de Pedagoxía Terapéutica (PT).

No que respecta aos especialistas en sectores singulares de FP, ofértanse 80 postos, 10 deles para a quenda de discapacidade. Os grupos máis numerosos son os de Mantemento de Vehículos (19), o de Cociña e Pastelaría (17), e o de Mecanizado e Mantemento de Máquinas (15). Finalmente, a OPE complétase con 10 prazas de inspectores de Educación e outras 230 de promoción interna, para que profesores do corpo de Secundaria poidan pasar do subgrupo A2 ao A1.

Reunión do Consello da Xunta.. DAVID CABEZON @ XUNTA
Reunión do Consello da Xunta.. DAVID CABEZON @ XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta