Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/01/2025 | Actualizada ás 20:23
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou os "vínculos históricos" entre Galicia e Madrid, á que definiu como unha "segunda casa" para miles de galegos, "consolidando unha relación baseada no respecto mutuo, o traballo e o progreso conxunto".
Durante a reunión, na que o conselleiro estivo acompañado polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o director da Casa de Galicia en Madrid, Luís E. Ramos, participaron unha vintena de asociacións culturais e profesionais que desenvolven o seu labor en Madrid.
Deste xeito, o responsable autonómico encomiou o traballo que desenvolve o "sólido tecido asociativo" e asegurou que este é "fundamental" para potenciar os lazos da colectividade galega na capital, así como das tradicións de Galicia. Nesta liña, aproveitou para destacar o "papel crucial" que teñen as entidades empresariais e profesionais galegas, ás que destacou como unha "mostra viva" do talento, das "grandes capacidades" e do "espírito emprendedor" da comunidade.
"FORTE COMPROMISO" COA COLECTIVIDADE GALEGA
Por outra banda, o titular de Emprego, Comercio e Emigración lembrou que a Xunta mantén un "forte compromiso" coa colectividade galega en España e no mundo, "apoiando o labor" daquelas entidades que a representan para "asegurar" que "sigan sendo un punto de referencia e de encontro".
En canto aos "apoios" que impulsa a Xunta "a favor das institucións galegas no exterior", aproveitou para lembrar que os orzamentos de 2025 da súa Consellería inclúen unha ampliación de 500.000 euros para "reforzar" a promoción da cultura, da artesanía e dos produtos galegos "fóra das súas fronteiras" a través da colaboración cos centros e entidades galegas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.