Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/04/2025 | Actualizada ás 17:48
A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou que a primeira convocatoria do programa de axudas da Xunta para a atracción de investimentos permitirá que se implanten en Galicia unha trintena de proxectos empresariais que mobilizan preto de 95 millóns de euros.
Así o sinalou este sábado no municipio pontevedrés de Catoira onde visitou as obras de ampliación do hotel Harpazul, beneficiario desta liña de apoios. As obras supoñen un investimento de 2,2 millóns de euros aos que a Xunta achega case 790.000 euros.
A conselleira explicou que estes apoios, que están abertos ata o 30 de setembro a súa segunda convocatoria cun orzamento de 12 millóns de euros, busca mobilizar investimentos en Galicia, tanto a nivel industrial como no ámbito hoteleiro ou loxístico. As axudas teñen dous campos de actuación: os proxectos que conten cun investimento entre 800.000 euros e 10.000.000 millóns de euros e as iniciativas empresarias atendendo á creación neta de emprego cando se xeren máis de 25 postos de traballo en Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.