Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/10/2024 | Actualizada ás 13:35
A Federación Ecoloxista Galegga (FEG) está comprobando que son moitas as plantacións de eucalipto para pasta de papel que se están certificando de modo fraudulento para beneficiar a ENCE. "O falseamento do proceso de certificación baixo estándares FSC, supón un engano ao consumidor acerca da xestión realizada pola empresa", alertan os ecoloxistas.
E en que consiste este engano?. En vender que a empresa en cuestión ten selo FSC, é dicir, un selo que garantiza que esa madeira procede de montes sostibles. Así, cando un comprador se fixa nun produto co selo do FSC, pensa que o mesmo está elaborado a partir de madeira que procede de plantacións ben xestionadas.
O proceso de certificación FSC lévase a cabo por medio da realización de auditorías por
parte dunha empresa especializada, neste caso AENOR, que comproba si se compren
os 10 principios que establece o sistema FSC, o cumprimento destes principios indicaría
que a empresa ou, neste caso, grupo de certificación realizan unha xestión forestal sostible.
RECLAMACIÓN CONTRA O CERTIFICADO DE XESTIÓN FORESTAL DE EGS
Nesta loita contra a supostas certificacións falsas, a Federación Ecoloxista Galega puxo o ollo no denominado Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS). Desde o 2022
certificáronse dúas unidades de xestión pero, dende entón se teñen introducido no
certificado, sen control nin comprobación, centos de parcelas nas que os monocultivos
de eucalipto son unha parte moi importante.
No caso de EGS, AENOR asegura que realizou as auditorías pero a realidade é que o incumprimento de 5 dos 10 principios de certificación."O sistema de certificación FSC é un sistema aberto no que os grupos interesados poden participar nos procesos de concesión do certificado, pero neste caso EGS negouse a proporcionar á FEG a información básica para poder analizar a xestión nas súas parcelas", critica a FEG.
CRÍTICAS A ENCE
Unha das grandes madereiras que utiliza as etiquetas ecolóxicas de EGS é ENCE. Os ecoloxistas aseguran que o certificado de xestión forestal sostible que emite EGSE usado pola papeleira non é válido porque as plantacións de eucaliptos certificadas por este selo "provocan un elevado impacto ambiental, económico e social e son absolutamente insostibles".
Por iso, denuncian que ENCE, e outras empresas, utilizan esta certificación para mellorar os seus ingresos cando comercializan produtos elaborados a partir da pasta que fabrican. "Na actualidade, estase a producir en Galicia un fraude masivo na certificación forestal e estanse a certificar de modo falseado milleiros de monocultivos de eucalipto que provocan un grave e irreversible impacto ambiental e incumpren os propios principios do FSC", alertan.
"É necesario denunciar este engano ao consumidor que busca favorecer unha xestión forestal sostible e que compra produtos tralos que hai graves incendios, erosión, emisión de contaminantes, perda das paisaxes ou perdas de recursos hídricos", aclaran nun comunicado.
DENUNCIA
A FEG alerta que hai aspectos que son evidentes e reveladores do carácter insostible da xestión forestal que se leva a cabo nos monocultivos agrupados en EGS. Por iso e, trala negativa a proporcionar información elemental e a comprobación dos incumprimentos de principios por parte do grupo EGS, a Federación Ecoloxista Galega ven de presentar unha queixa diante da empresa certificadora AENOR, solicitando a suspensión do certificado e a prohibición de utilización do selo nos produtos elaborados a partir da madeira de eucalipto de EGS, a queixa realízase en base ao incumprimento de 5 dos principios de certificación do FSC.
En síntese os incumprimentos de principios teñen que ver en primeiro lugar coa falla de solvencia e as carencias das auditorías realizadas. Pero o fundamental da reclamación é o incumprimento dos principios que teñen que ver coa sostibilidade ambiental; estes incumprimentos refírense a aspectos non permitidos polo FSC como o cultivo dunha especie invasora e pirófita (que utiliza o lume no seu ciclo de vida) o que está causando graves danos ao favorecer os incendios e que ameaza con provocar unha auténtica catástrofe como xa ten ocorrido no noso entorno ou en Portugal. Tamén se fai notar a destrución de solos fértiles pola erosión provocada polo uso de maquinaria pesada ou pola desprotección dos mesmos que provocan os incendios, a perda de biodiversidade, de recursos hídricos e de paisaxes naturais.
Outro aspecto fundamental da reclamación ten que ver coas elevadas emisións de CO2
asociadas á plantación de eucaliptos para a produción de pasta de papel, o único destino dos cultivados por EGS. De acordo cos datos publicados por ENCE, emítense unhas 700.000 toneladas anuais no proceso, contribuíndo de forma importante ao cambio climático.
A FEG asegura que o certificado de xestión forestal sostible que emite a Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS) usado por ENCE non é válido porque as plantacións de eucaliptos certificadas por este selo "provocan un elevado impacto ambiental, económico e social e son absolutamente insostibles".
Os ecoloxistas denuncian que ENCE, e outras empresas, utilizan esta certificación para mellorar os seus ingresos cando comercializan produtos elaborados a partir da pasta que fabrican. "Na actualidade, estase a producir en Galicia un fraude masivo na certificación forestal e estanse a certificar de modo falseado milleiros de monocultivos de eucalipto que provocan un grave e irreversible impacto ambiental e incumpren os propios principios do FSC", alertan.
"É necesario denunciar este engano ao consumidor que busca favorecer unha xestión forestal sostible e que compra produtos tralos que hai graves incendios, erosión, emisión de contaminantes, perda das paisaxes ou perdas de recursos hídricos", aclaran nun comunicado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.