A Federación Ecoloxista Galega denunciou ante a empresa especializada AENOR a posible certificación fraudulenta utilizada pola Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal (EGS), un selo de calidade ambiental utilizado por ENCE.
  comenta   0
Búscase facer fronte á especie 'Rugulopteryx okamurae' que comezou a aparecer hai anos noutras comunidades autónomas como Andalucía incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras
  comenta   0
Vilagarcía está xa combatendo contra esta especia. A intervención consiste na decapación dos primeiros 30 centímetros de terra, onde se atopa a planta, para logo introducila esterilizada con auga de mar en zanxas de dous metros e media de profundidade, soterrándoa e deixando na superficie a terra en bo estado.
  comenta   0
Sandra e Jose, un matrimonio de cidade que se mudou a unha aldea de San Sadurniño para cumprir o seu soño de vivir no campo, decatáronse da problemática do eucalipto: "Non había nin un animal e nos veráns estabamos sempre en tensión". Levan xa unha hectárea cortada dun total de cinco.
  comenta   0
Durante a construción do seu primeiro tramo entre Santiago e A Coruña foi usada de xeito intensivo como "un elemento de retención dos noiros (taludes)", segundo conta a Galicia Confidencial Benito García, presidente da asociación Galicia Ambiental, que nos detalla como foi a expansión desta planta "que non queren nin as cabras". Daquela non era oficialmente unha especie invasora.
  comenta   0
Esteban Jamardo, da Asociación Stop Velutinas Umia, asegura que as velutinas "neste tempo aínda non representan unha ameaza para as colmeas, porque as abellas tampouco saen demasiado". Con todo, confesa que "non é normal" que xa espertasen da hibernación, pois "o normal non era velas saír dos niños ata marzo".
  comenta   0
A deputada do BNG Carmen Aira avisou de que cada vez hai "máis ataques a persoas" e a poboación sofre "tensión" pola presenza "masiva" desta especie invasora, mesmo "familias enteiras que se acaban indo das súas vivendas". "Deben prepararse para abordalo e para o futuro", reclamou a parlamentaria do BNG, quen esixiu "medidas urxentes e xa".
  comenta   0
En Galicia hai nove especies, sete son cóbregas totalmente inofensivas (a excepción do cobregón galego, de baixa perigosidade) e dúas son víboras, con veleno, pero que non buscan entrar en conflito co ser humano. Iso si, ante unha picadura, un experto recomenda non chupar nunca a ferida nin facer torniquetes.
  comenta   0
"Cada día se producen dez accidentes de tráfico en Galicia provocados por esta nova especie invasora, coa complicidade da Xunta", denuncia.
  comenta   0
Galicia é un país paradoxal. En cada eido presenta exemplos que fan sentir o orgullo de noso canda realidades mesquiñas e incomprensibles.
  comenta   0
O Campus Terra identifica e desenvolve elicitadores naturais do castiñeiro fronte á ‘avespiña’ co proxecto ‘Go Delicas’.
  comenta   0
Máis de 75 persoas voluntarias retiraron este sábado máis de 100 quilos de lixo mariño e de flora exótica invasora.
A converxencia en Galicia de exemplares que se espallaron naturalmente polo norte peninsular desde Francia e dos que saltaron directamente a Portugal polo transporte humano pode estar producindo novas poboacións da avespa asiática con maior diversidade xenética e maior capacidade de adaptación e de invasión. Análises xenéticas confirman que as poboacións de velutina en Francia foron a fonte da colonización na península ibérica e Italia. Son conclusións dun estudo realizado por investigadores portugueses. Científicos galegos temen que a velutina poida “contribuír aínda máis á evolución dos patóxenos”.
  comenta   0
Os eucaliptais arrasaron xa máis de 300.000 hectáreas de bosque autóctono, o 30% da superficie forestal galega. A ollada da fotógrafa Ariadna Silva tenta sacar do esquecemento este drama ecolóxico.
  comenta   0
Calcúlase que só en España, as especies invasoras supuxeron un gasto de 232,5 millóns de euros entre 1997 e 2020, con Galicia en quinto posto. No mundo, as estimacións son de 1,10 billóns de euros nas últimas cinco décadas.
  comenta   3
Ecoloxistas aseguran que a "moratoria" ao eucalipto "permitirá que aumenten" as hectáreas desta especie. O PSdeG demandou a articulación de medidas para evitar unha "plantación masiva".
  comenta   0
Son as covas do Folón e constitúen un ecosistema único que alberga unha ampla diversidade de especies como comprobaron en 18 visitas durante os últimos anos o catedrático da Escola de Enxeñaría Forestal Adolfo Cordero e o egresado deste centro da UVigo, Adrián Moreira.
Adega asegura que a Xunta chegou a subvencionar unha destas explotacións "ilegais". A Xunta responde que o Real Decreto permite autorizar novas explotacións de animais incluídos no catálogo, con medidas precautorias suficientes.
  comenta   0
O proxecto de voluntariado impulsado por Abanca prevé a plantación de especies autóctonas en contornas forestais de especial interese.
  comenta   0
Un informe da UE destaca a influencia deste novo depredador invasor en froiteiras e tamén na produción de mel. “Este nova especie está preocupando á UE”, recolle o estudo.
  comenta   0
Un novo estudo mostra que a invasión da avespa asiática no territorio galego se produciu pola combinación de poboacións distintas que se adentraron de xeito natural polo leste, desde o País Vasco e Navarra, e polo sur, desde Portugal, introducidas polo transporte terrestre de madeira.
  comenta   0
Varios equipos científicos en Galicia, Portugal e Francia traballan na identificación de feromonas de alarma e sexuais para crear cebos exclusivos para avespas asiáticas, ante a escasa eficacia das trampas caseiras e comerciais, que constitúen unha ameaza adicional para os insectos nativos.
  comenta   0
Unha tese realizada por unha investigadora do CSIC e da USC aposta por "restaurar os ecosistemas invadidos pola planta nos primeiros estadios da invasión, co fin de evitar que os efectos no chan se intensifiquen".
  comenta   0
O ente supranacional arquivou a petición da Asociación Petón do Lobo, que acusaba á Xunta de "malgastar" os recursos e de non ofrecer "transparencia nin información" sobre as superficies queimadas. Tamén se pedía a inclusión do eucalipto na lista de especies invasoras
  comenta   2
A Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental (Anecpla) insistiu na necesidade de control da 'vespa velutina', tamén coñecida como avispa asiática, avispón asiático ou avispa negra, polo seu perigo para abellas, apicultores e biodiversidade.
  comenta   0
Os labores de recuperación ambiental na contorna do monumento eliminan 122 metros cúbicos desta planta invasora nun programa de voluntariado ambiental no que participaron 26 persoas.
  comenta   0
O sector da madeira critica duramente ao Concello de Teo por pedir que se declare esta especie como invasora e din que iso suporía a "ruína" para a sociedade galega.
  comenta   5
O sector pide a implicación directa e "efectiva" da Xunta na erradicación desta especie invasora, non só con liñas de financiamento, senón cun protocolo de actuación unificado.
  comenta   5
A Asociación Galega de Apicultura responde as acusacións contra este colectivo e culpa a Administración pública e a súa "ineficaz xestión" da auxe de métodos caseiros e improvisados que se usan contra a avespa asiática e que poden ser nocivos para o medio ambiente.
  comenta   0