Unha ameixa de medio quilo en Outes?

Foi atopada na praia de Broña hai uns días.

Por Galicia Confidencial | Outes | 09/01/2021 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Unha ameixa de medio quilo. iso foi o que atopou Óscar Montero Domínguez mentres buscaba carnaza na praia de Broña, no concello de Outes. Sorprendido decidiu contar o sorprendente achado no grupo de FB Descendentes de Mariñeiros.

Mercedaria mercedaria, unha especie de ameixa orinaria de EE.UU. e que xa está presente nas rías galegas
Mercedaria mercedaria, unha especie de ameixa orinaria de EE.UU. e que xa está presente nas rías galegas | Fonte: Óscar Montero Domínguez - Facebook

Alí varios usuarios comentaron que podería tratarse dunha especie foránea, concretamente, un molusco orixinario dos Estados Unidos. Podería tratarse dun exemplar vello de Mercenaria mercenaria, unha especie da que non se coñece ben a súa distribución en Galicia e que está aínda en estudo a súa afección ao ecosistema mariño. Foi identificada como tal por Jacinto Dieste, do grupo de Estudos Mariños de Galicia, tras o seu estudo.

A bióloga da Confraría de Muros e Noia, Liliana Solís, que puxo en contacto a Dieste con Óscar Montero, pediu que fora estudada e que despois, a poder ser, sexa cedida ao Museo do Mar de Noia.

A mercenaria mercenaria mercenaria é un molusco que pertence á clase Bivalvia e pódese atopar desde o Golfo de San Lourenzo ao longo das costas de Florida e nas praias do Golfo de México.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta