Máis trampas para frear a expansión de velutinas, esta semana polas provincias de Lugo e Ourense

A Xunta continúa coa colocación e o obxectivo principal son as avespas reina.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/04/2024 | Actualizada ás 13:32

Comparte esta noticia

A Xunta continúa coa colocación de novas trampas para frear a expansión das avespas velutinas, que xa se iniciou nas provincias de Pontevedra e A Coruña e que esta semana se inicia en Lugo e Ourense. O obxectivo principal son as avespas reina, que a principios de primavera saen en busca de alimento para construír os primeiros niños.

"Este ano era necesario tanto avanzar na retirada de niños primarios como facer un trampeo selectivo, coordinado e en colaboración cos concellos", sinalou o conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, este martes en Porto do Son, onde tamén se están instalando os dispositivos de captura.

En concreto, as accións que impulsa a Xunta para frear esta especie invasora e que leva a cabo coa colaboración da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga), son: o trampeo selectivo, a retirada de niños primarios, a formación e a investigación. "É unha loita conxunta na que cremos que debemos estar todos e cremos que o trampeo, que vai levar consigo unha formación, é un paso nestes momentos necesario", declarou e titular do Medio Rural e funcións, dado que este é o primeiro ano no que os 313 concellos galegos se adhíren ao plan autonómico.

Así mesmo, González lembrou que "en 2023 rexistráronse 56.600 avisos" e retiráronse "máis de 29.500 niños". Así, o trampeo deste ano estase instando onde se localizaron niños no ano anterior.

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, Natalia Prieto, Luisa Piñeiro, e o alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, en Porto do Son.  Xunta de Galicia
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, Natalia Prieto, Luisa Piñeiro, e o alcalde de Porto do Son, José Luís Oujo, en Porto do Son. Xunta de Galicia | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta