Conseguen detectar os efectos máis destrutivos da herba do coitelo, unha das especies máis invasivas de Galicia

Unha tese realizada por unha investigadora do CSIC e da USC aposta por "restaurar os ecosistemas invadidos pola planta nos primeiros estadios da invasión, co fin de evitar que os efectos no chan se intensifiquen".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2019 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

Unha tese doutoral realizada pola bióloga Cristina Vieites Branco no Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e a Universidade de Santiago (USC), profundou nos efectos nocivos no chan da especie invasora "herba do coitelo" (uña de gato en español e carpobrotus edulis, no seu nome científico), así como no potencial de determinados insectos e fungos para combater a súa extensión.

Unha Tese Doutoral Indaga nos efectos da especie invasora Herba do coitelo -uña de gato en castelán- CSIC
Unha Tese Doutoral Indaga nos efectos da especie invasora Herba do coitelo -uña de gato en castelán- CSIC | Fonte: Europa Press

Os resultados desta investigación, iniciada en 2014, publicáronse en revistas científicas de impacto, como 'Science of the Total Environment' ou 'Plant and Soil', recollendo os efectos de dita planta invasora en zonas rochosas e dunares de Galicia.

Nestas áreas, a investigación constata que despraza a vexetación nativa e afecta o chan alternando o seu PH, modificando a dispoñibilidade de nutrientes e provocando gran acumulación de necromasa.

A 'herba do coitelo' é unha planta suculenta orixinaria de Sudáfrica e presente en zonas costeiras tépedas de Eurasia, África, América e Oceanía, onde pode colonizar dunas, cantiis e "áreas perturbadas".

En España, localizouse por primeira vez en Baiona (Pontevedra) en 1892 e, na actualidade, atópase ao longo da costa peninsular e nas illas Baleares e Canarias, segundo explican os directores da tese, quen engaden que, "polo momento, estudáronse os seus efectos no chan, centrándose na dispoñibilidade de macronutrientes en ambientes costeiros, principalmente dunares".

EFECTOS NOS CHANS

Tras o estudo, observouse "que os efectos son máis intensos nas zonas rochosas que nas dunares, e na capa máis superficial do chan", o que indica que a invasora "afecta principalmente as características do chan a través da acumulación de necromasa". Esta diferenza no seu efecto en chans dunares e rochosos ten, á súa vez, consecuencia na "dispoñibilidade de nutrientes en cada caso", destaca a autora da tese.

Ante estes resultados, os científicos apostan por "restaurar os ecosistemas invadidos pola planta nos primeiros estadios da invasión, co fin de evitar que os efectos no chan se intensifiquen e recomendan tamén "eliminar a necromasa exótica para evitar efectos herdados no chan".

CONTROL BIOLÓXICO

Nestes momentos, o control desta especie realízase xeralmente a través do arrincado manual ou uso de herbicidas. Fronte a isto, analizáronse opcións biolóxicas, concretamente os efectos da cochinilla algodonosa e do fungo S. Sclerotiorum ('podremia branca').

"As plantas infectadas polo insecto mostraron descensos transitorios que non levaron efectos significativos na supervivencia ou crecemento, mentres que o uso combinado do fungo e o insecto produciu soamente efectos sinérxicos a curto prazo", destaca a autora, quen apunta como liña de investigación futura "larealización de experimentos en condicións de campo para coñecer posibles interaccións bióticas e abióticas deste insecto en condicións naturais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta