A chuvia axuda a apagar un lume en Arbo que queimou 12 hectáreas

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/11/2024 | Actualizada ás 20:34

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural confirmou que o incendio forestal de Arbo foi extinguido e calcinou 12 hectáreas de superficie rasa.

O lume, que comezou sobre as 17.30 horas deste domingo na parroquia de Cabeiras, quedou controlado minutos antes das 20.00 horas. Para facer fronte ás chamas desprazáronse cinco axentes, oito brigadas, unha motobomba e unha pa.

Varios focos de lume en Arbo
Varios focos de lume en Arbo | Fonte: Lito Arbo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta