O incendio de Trabada foi o máis importante rexistrado en Galicia o ano pasado, afectou a 2.329 hectáreas e obrigou a activar o nivel 2 do Plan Especial de Protección Civil ante Emerxencias por Incendios Forestais. Desaloxáronse 7 aldeas e tiveron que cortarse varias estradas, entre elas a A-8, e a alerta estendeuse ao termo municipal de Ribadeo.
A UIFO dectectou no lugar de Vilar unha alta actividade incendiaria, con seis rexistros de incendios no últimos catro anos, provocados próximos ás vivendas de Vilar e Rañadoiro.
  comenta   0
"España ordena evacuacións en rexión con récord de turistas británicos", titulan algúns medios.
  comenta   0
Tamén está extinguido o incendio forestal que afectaba desde a pasada noite ao municipio ourensán de Oímbra, e que queimou case 27 hectáreas.
  comenta   0
O rexedor fala de case 150 hectáreas queimadas e especialistas que combaten contra o incendio din que son xa 100 hectáreas.
  comenta   0
Extinguido o incendio forestal de San Cristovo de Cea e controlado o de San Cibrao.
  comenta   0
A Consellería de Medio Rural confirma o progreso favorable na loita contra as chamas, que xa afectaron o dobre de superficie inicialmente estimada.
  comenta   0
O incendio forestal que desde este domingo afectaba o municipio ourensán de Vilardevós foi extinguido na tarde deste luns tras calcinar 7,8 hectáreas.
  comenta   0
De cara a este 2024 a Xunta de Galicia xa se marcou o obxectivo de que ardan menos de 18.489 hectáreas entre o 1 de xullo e o 30 de setembro. No que vai de ano os lumes de Trabada (190 hectáreas), rexistrado en abril; e Crecente (170 hectáreas), que tivo lugar en febreiro, foron os de maior superficie queimada.
  comenta   0
O incendio forestal iniciado o 31 de xullo foi causado por partículas incandescentes de serra radial durante a talla de metal, según determinou a investigación.
  comenta   0
A Consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.
  comenta   0
O primeiro afectou a media hectárea e deste último, polo momento, non hai cifras sobre a superficie afectada.
  comenta   0
Os axentes do Equipo Multidisciplinar de Investigación de Incendios Forestais (EMIIF) iniciaron as pescudas tras a reiteración de incendios nesa zona.
As primeiras hipóteses apuntan a que o lume, orixinado este venres, puido ser causado por un raio dunha treboada seca.
  comenta   0
O Fiscal Coordinador da Unidade de Medio Ambiente, Antonio Vercher, pediu ao SEPRONA, ás Policías locais e aos Axentes forestais que realicen un mapeo con drones nas zonas que teñan risco de sufrir incendios forestais.
  comenta   0
Na zona do incendio, declarado ás 22,00 horas do martes, despregáronse ata o momento tres técnicos, 14 axentes, 28 brigadas, 23 motobombas, unha pa, un tractor e un helicóptero.
  comenta   0
O alcalde do concello de Rois, Ramón Tojo, non ten dúbida de que estes lumes son "intencionados": "Case cada ano se repite na mesma zona, un pouco máis abaixo, un pouco máis arriba". En agosto de 2021 arderon 25 hectáreas na parroquia de Leroño e en agosto de 2016 outras 20 na de Augasantas.
  comenta   1
O xuízo contra este home, diagnosticado cun trastorno de control de impulsos e capacidade intelectual, terá lugar o vindeiro xoves 18 de abril na Audiencia Provincial de Pontevedra.
  comenta   1
Están incluídas na aprobación das zonas afectadas gravemente por unha emerxencia de protección civil (ZAEPC) ao que deu luz verde este martes o Consello de Ministros.
  comenta   0
O presunto autor realizaba unha poda en carballos e bidueiros plantados nunha leira da súa propiedade. Cos restos forestais e silvícolas sobrantes realizou unha queima sen a autorización administrativa pertinente. A investigación efectuada constata que, por acción do vento, o lume descontrolouse e afectou a unha superficie de masa de arboredo de 1,8 hectáreas.
  comenta   0