(Vídeo) O lume máis importante do verán calcina xa case 200 hectáreas no parque natural do Xurés

O lume orixinouse sobre as 20.30 horas do martes en Portugal.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 04/09/2024 | Actualizada ás 19:24

Comparte esta noticia

A Consellería do Medio Rural informou este mércores dun incendio forestal que permanece activo e afecta o Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés en Entrimo. As chamas quedaron xa máis de 180 hectáreas en territorio galego, segundo o cálculo provisional. O lume orixinouse sobre as 20.30 horas do martes en Portugal e os medios do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta estiveron a colaborar e traballando na zona fronteiriza desde o primeiro momento, informa a Xunta. Finalmente, o lume entrou en Galicia, aproximadamente, sobre as 17.00 horas deste mércores, pola parroquia de Venceáns. Por agora mobilizáronse para a súa extinción 15 axentes, 24 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 2 técnicos, 6 avións e 5 helicópteros.

Incendio no Parque Natural do Xurés, en Entrimo
Incendio no Parque Natural do Xurés, en Entrimo | Fonte: G24

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta