O Pleno do Senado aprobou este mércores, grazas á maioría absoluta do PP, unha iniciativa do BNG para forzar ao Goberno a finalizar en 2030 a construción do saída sur de Vigo da liña de alta velocidade entre Lisboa e Galicia, así como outras melloras ferroviarias nesta comunidade.
Genaro Da Silva, de Biosfera Consultoría Ambiental, conta ao Galicia Confidencial como tiveron que trasladar o hábitat enteiro desta bolboreta "cun ciclo biolóxico moi delicado" a outro lugar para poder preservala. Trátase da 'Maculinea alcon', unha bolboreta que se aproveita das formigas para alimentarse no súa etapa como eiruga.
  comenta   0
Celebrarase no recinto de Expourense os días 8, 9 e 10 de novembro con 42 expositores procedentes de 5 países.
  comenta   0
Este mercado chega á súa XXVIII edición e contará con máis de 30 postos chegados da Reserva da Biosfera de Allariz, de diferentes puntos de Galicia, Castela e León e tamén do veciño Portugal. Contará con actividades paralelas e celebrarase os días 9 e 10 de novembro no Pavillón do Instituto.
  comenta   0
No mes de marzo, ofreceron a esta empresa portuguesa coa que xa fixeran negocios unha partida de 900 toneladas de bacallau por case 4 millóns de euros, que ían adquirir a un provedor ruso e que, aseguraban, estaban a piques de recibir en Holanda. Tras dar sucesivas longas, os acusados cortaron todo contacto coa empresa portuguesa desde finais de agosto de 2019 e quedaron con máis de 2,3 millóns de dólares.
Miguel é un home de 33 anos que traballa como transportista e que ese día asistía á quedada como espectador, recén chegado de Barcelona de mercar o coche fúnebre coa idea de camperizalo.
  comenta   1
O Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrado en Expourense pechou as portas da súa 25ª edición tras recibir a visita de 17.000 persoas e contar con 90 expositores e 5 países representados. Na xornada de clausura tivo especial protagonismo o rural galego.
  comenta   0
Afirma que o Goberno "se escuda en mentiras" ao negarse a transferir a AP-9: "Necesítase vontade política".
  comenta   0
A 25ª edición deste Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se fai do 24 ao 27 de outubro, contará con 90 expositores, 63 adegas profesionais, 5 restaurantes e 5 países representados. Entre as actividades paralelas destacar dous concursos que premiarán á mellor tortilla de pataca e á mellor hamburguesa de Galicia.
  comenta   0
Galicia é o lugar do mundo onde existen máis construción deste tipo: 100.000 repartidas ao longo de todo o territorio. Sen embargo, non son os hórreos máis antigos do mundo, pois comezaron a construírse a partir do 1601 e da proliferación do cultivo do millo, como lugar para gardar a colleita. O GC comeza unha serie sobre esta a arquitectura galega falando co presidente da Rede Hórrea, Carlos Henrique Fernández Coto.
  comenta   0
Todos os informativos falan das andanzas do Campechano e dos seus amoríos extra matrimoniais, do audios nos que comentaba, con esa señora, sobor dos gobernantes deste pais, etc. E diante tal nova axiña veume á mente o libro de Javier Moro: El Imperio eres tú. Nesa novela de tipo histórico relatase que o rei de Portugal, temendo unha invasión de Napoleón, manda o seu fillo Pedro I de 23 anos e casado coa princesa de Austria Leopoldina a exercer o poder nesas terras de ultramar. Terras que hoxe coñecemos como Brasil.
  comenta   0
A mostra conformada por 25 paneis cos bens recoñecidos pola Unesco permanecerá no claustro baixo do Pazo de Fonseca da Universidade de Santiago durante un mes, ata o 16 de novembro, data na que se celebra o Día Internacional do Patrimonio Material.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, aproveitou para afear o silencio "desconcertante" do Ministerio de Asuntos Exteriores respecto desta cuestión.
  comenta   0
Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do 11 de xuño do ano pasado, e a Audiencia considera acreditado que o acusado, natural de Portugal, entrou na habitación da vítima cando esta durmía, vestido só cun calzón e cun preservativo, "con intención de ter relacións sexuais con penetración".
O presidente da Xunta sinala a "afinidade lingüística" entre Galicia e Portugal e reclama o estatuto do traballador transfronteirizo
  comenta   0
A Xunta prevé o desenvolvemento inicial de cinco parques, un por cada zona delimitada polo Goberno central, contrastando coa vintena de proxectos xa presentados por promotores.
  comenta   0
A maxistrada instrutora española e a fiscala portuguesa acordaron esta semana, tras o levantamento do segredo de sumario en España, o cesamento do Equipo Conxunto de Investigación
  comenta   0
Os presidentes da CEG e de UGT FICA trasladaron o medo das empresas á xudicialización dos proxectos que se está vivindo, por exemplo, no sector eólico.
O operativo conxunto entre Policía Nacional, Garda Civil e Servizo de Vixilancia Aduaneira contra o narcotráfico, que se desenvolveu este mércores na Coruña, O Salnés e Portugal, saldouse polo momento con case 20 detidos.
  comenta   0
O Sergas xa atende no distrito de Valdeorras a pacientes de municipios pertencentes á comarca do Bierzo e, en Verín, pacientes de Alta Sanabria.
Foi nun acto no que participaron 13 alcaldes de concellos fronteirizos galegos e portugueses.
No país veciño (Portugal), vimos arder hectáreas e hectáreas de terreo e morrer máis de 60 persoas quedando centos de feridos, no ano 2017. Agora de novo, máis terra queimada, sete mortos e un gravísimo ataque ao medio ambiente.
  comenta   2