O campechano

Todos os informativos falan das andanzas do Campechano e dos seus amoríos extra matrimoniais, do audios nos que comentaba, con esa señora, sobor dos gobernantes deste pais, etc. E diante tal nova axiña veume á mente o libro de Javier Moro: El Imperio eres tú. Nesa novela de tipo histórico relatase que o rei de Portugal, temendo unha invasión de Napoleón, manda o seu fillo Pedro I de 23 anos e casado coa princesa de Austria Leopoldina a exercer o poder nesas terras de ultramar. Terras que hoxe coñecemos como Brasil.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 19/10/2024

Comparte esta noticia
Pedro I é un home que lle gustan as saias, e despois de moitas andanzas e avatares coñece a unha moza chamada Domitila de Castro da que se enamora e vive con ela preto da residencia oficial.  Deses amoríos nace un fillo. Mais a súa dona Leopoldina sigue facendo as tarefas que lle son propias dunha raíña con toda normalidade, pois é  sabedora das aventuras  que  ten  o seu home. Mais  foi educada pra ser unha muller cumpridora e fiel. O libro remata  coa caída do reinado e a chegada da república. Perdo I de Portugal  cando morre deixoulle a Domitila un bo legado para que vivira ben co seu fillo. Pedro pasou á historia xunto a  súa muller Leopoldina  como un rei  emperador que fundou o  Brasil  actual como estado e as  súas andanzas  coas mulleres quedaron esquecidas.
 
Pois ben,  sei que o caso do  Campechano  no pasará á historia como o que lle deu unidade a España actual pois el colleu a coroa da man do ditador.  Mais pasará como un gobernante que, por moito que o queiran branquear algúns, non foi o exemplo  do cidadán que cumpriu como todas  as normas legais vixentes no Estado; ademais  non tivo a   ética e sinceridade que dun rei  se espera  cos  seus cidadáns. A frase de que todos somos  iguais (incluíndose)  diante a lei  na súa boca sona a mentira; sona a fariseísmo; sona  a teatro barato, sona a hipocresía.  E as súas andanzas  tras das saias e os  fraudes ó fisco xunto ó agochamento da fortuna noutros países, por moito que digan  que o rei non é imputabel, non deixan de ser un mal exemplo para todos os cidadáns  que  cumprimos  coa lei. Ademais,  se tanto barullo hai cos políticos, porque  alguén cobra comisións aproveitándose do poder, que exemplo recibimos  se sabemos que o xefe de Estado  tamén andivo nesa lea.  
 
Pode que a historia o poña como o que salvou a democracia, afirmación  que ten moitos matices,  silencios e incluso versións diferentes e moi contrarias. Pois  creo que coa presión social a democracia chegaría igual a esta terra máis cedo que tarde, aínda que os nostálxicos da ditadura se opuxeran.  
 
Con todo o que  poida dicir  a historia nun futuro, para os cidadáns de hoxe, e sobor de todos para os máis novos, o que no seu día dixo o senador vasco Iñasagasti quedou moi corto co que realmente sae á luz nestes días. Polo que este monarca xa non é exemplo de nada. 
As veces, os cidadáns mais humildes é normais, decatámonos  de que vivimos nunha sociedade moi farisea onde o esperpento  de Valle Inclán é unha realidade que non deixa de darnos sorpresas. Polo  que moitas veces dinnos que vivimos todos como, din os cregos, entre sepulcros branqueados. E eso é moi triste. En fin, Pedro primeiro de Portugal pasou a historia  sen que se falase das súas andanzas coas mulleres.  E o Campechano,  os que escriban á súa historia e falen del,  pasará  como o rei que salvou a democracia. Pero os cidadáns de hoxe verémolo como unha persoa  que  predicaba  unha cousa e facía outra ben distinta. Agora  soamente lle falta que lle apareza algún fillo extra, e  despois de pagar cos cartos non se sabe de quen  as súas andanzas coas señoras, pois saibamos que a estas lles deixa unha boa minuta pra que vivan moi ben como fixo Pedro I.  Vexan logo o paralelismo entre os monarcas.  E verán  que todos eles,  por seren inviolables,   fan o que lles peta e rinse dos demais mortais.
 
 

O Rei Juan Carlos, este venres a bordo do 'Bribón' no Club Náutico de Sanxenxo
O Rei Juan Carlos, este venres a bordo do 'Bribón' no Club Náutico de Sanxenxo
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com