Aumentar o espazo vital

“A memoria colectiva e moi fráxil, e como sociedade caemos no erro de non transmitirlle ás novas xeracións a historia e os erros que como sociedade cometemos no noso pasado.”

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 29/01/2025

Comparte esta noticia
Como se fose unha cuestión que ten que acontecer, cada certo tempo as tentativas de aumentar o espazo de influencia dos imperios repítense nesta aldea global. A democracia é un réxime que ten moitas debilidades, e os que a queren desfacer dende dentro, non deixan de aproveitar a oportunidade que lles oferta esta maneira de gobernar e de entender  a vida, e por extensión o mundo. 
 
A mente dos humanos, pasada unha ou dúas xeracións, sempre  esquece o pasado, descoñéceo,  ou ate semella que o ignora a posta.   E, sen decatarse do perigo,   cae nas redes de predicadores que venden fumo, ou que lles contan o que eles queren escoitar, aínda que despois a verdadeira  faciana e os feitos nos leven cara   mentiras agochadas e por  descontado  ó  desastre. 
 
Supoño que os máis novos non saberán, e  menos  lembrarán, o que significa aumentar o espazo vital. Frase que acuñou Hitler antes de conducir a Alemaña e o mundo a segunda guerra mundial.  O afán de impoñer unha raza, e de marxinar a moita xente; de limpar o mundo de persoas disminuídas, de xentes ás que chamaban desviadas e dos discrepantes levou a gobernantes  a facer  as barbaridades máis grandes nos últimos tempos. Pois ben,  soan con forza de novo  as voces  do barbarismo que, con mensaxes de orden e  lei, pretenden chegar ó poder pra aproveitalo no seu único beneficio. A chegada de Tump e os seus  amigos  anunciando unha nova era, ou un tempo no que mandará a súa América fan tremar os cementos do mundo.  Encetamos unha nova etapa onde os predicadores e amigos deste ególatra,  dende hai un tempo, din  que a xustiza social é pouco menos ca unha entelequia e un invento dos progres, polo que carece de valor. Igualmente acontece co   respecto ás leis internacionais. Vivimos un tempo no que as normas básicas que rexen a orbe son machacadas  e ignoradas polos estados poderosos que agora soñan con impoñer  orde  e influencia económica nesta  aldea global.  
 
Veñen malos tempo para a lírica como din os poetas e as persoas con sensibilidade social. A filosofía do presidente dos EE.UU.  que  xunto a outros  que tal bailan queren repartirse o mundo   como se fose un unha gran parcela de terra,  comenzou a camiñar. Avecíñanse tempos  no que todo  estará  baixo o control de tres potencias. De tres imperialismos que tentan marxinar ó vello continente europeo. Continente que dentro de si ten a moitos que, si puderan, farían o mimo que o  narciso Trump. 
 
Sempre dixen que quen descoñece o pasado non pode ver os perigos de ideoloxías  que lle ofertan a lúa e o sol  no presente. E estes grandes ricos donos de medios de comunicación   pensan que o saben todo e que están chamados eles solos  a gobernar o planeta. 
Hoxe, estes amantes das ideoloxías que levaron a Europa á  segunda guerra mundial, pasan por seren  demócratas, pois foron elixidos pola xente. Mais hai moitos exemplos de dirixentes saídos das furnas e do voto popular que  despois amosaron a súa verdadeira faciana. E pasaron a seren grandes ditadores que coa súa megalomanía e as súas ambicións imperialistas conduciron ó mundo a incerteza, ó desacougo e á guerra duns contra outros. 
En fin, que veñen malos tempos para o vello continente, pois aínda que Trump non o di con claridade, aspira a aumentar o seu espazo xeográfico  de influencia que é algo semellante a aumentar o espazo vital. Esperemos acontecementos.

Elon Musk fai un saúdo nazi
Elon Musk fai un saúdo nazi | Fonte: Youtube
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com