1 de 4921 en Opinión seguinte

Atados á utopía

Vivir tendo como referente unha utopía pode ter certo sentido nalgúns casos. As utopías serven pra traballar por unha meta lonxana. Mais sendo certo, cando a utopía non ten visos de ser realidade, e dende esa posición ideolóxica se quere servir a unha sociedade diversa e moi complexa, a discusión esta servida, pois esa meta utópica ten poucos visos de ter éxito.

Por Manuel H. Iglesias | Ourense | 12/12/2024

Comparte esta noticia
Esto pode ser o resume  do que acontece nalgúns movementos  políticos nesta terra. Pois as posturas minoritarias  que se amparan na utopía permanente son un estorbo  pra que  a maior parte do grupo sexa capaz de achegarse á  sociedade  pra que esta se  sume a ise proxecto. 
Gobernar nunha sociedade democrática implica acadar maiorías e un respaldo social moi importante. Mais cando as organizacións políticas están tuteladas  e se acomodan soamente a reivindicar e denunciar sen seren   capaces de acceder a sectores sociais que non lle son propicios, aparece o síndrome de sentirse a gusto na oposición sen aspirar a remangarse e gobernar sabendo que iso implica contradicións importantes. 
 
Hai anos lembro cando Quintana quixera abrir o nacionalismo a sectores menos dogmáticos.  Axiña esa liña foi cortada polos gardiáns das esencias que tutelan a este movemento. A día de hoxe  o nacionalismo galego goza dunha posición importante pois é a segunda forza política en Compostela. Mais  na historia electoral galega  a realidade é que os populares, convocatoria electoral tras convocatoria, non  perden  forza electoral nin escanos e seguen  no poder dende hai moitos anos.  Polo que o transvase de votos na parte oposta   repítese  despois de   cada convocatoria electoral. Ou sexa: baixan os socialdemócratas do PSOE e sobe o  BNG. Esa é a realidade,  mentres  os populares gobernan coas mans libres que lles dá a maioría absoluta. 
 
Semella pois que a dirección dos  nacionalistas galegos  non entendeu esa mensaxe ou, pola contra lle ten medo a apertura real á sociedade.  Achegarse a sectores sociais que non lle son propicios debera ser o obxectivo máis importante a acadar  de agora en adiante. A señora Pontón di que pretende abrir o nacionalismo pra ensanchar a súa base electoral. E ese é  un obxectivo que merece a pena. Mais outros  que xa  o intentaron non acadaron o obxectivo,  pois axiña  foron marxinados.  E mentres o Bloque non  de un salto  e engaiole a moitos máis votantes que o miran con certa desconfianza, seguirase  na mesma lea. 
 
Falar de ampliación de base social  implica rematar con conceptos  como de quen é máis galego, ou de entender que o universo dos votantes vai moito máis alá do pequeno mundo dos militantes; tamén  implica abrirse á sociedade buscando un pracmatismo político que hoxe non se ve por ningures.  Significa aceptar como compañeiros de viaxe ós que non falan a lingua de Rosalía e fuxir de adxectivos de quen é máis nacionalista e outras terminoloxías que non procese expoñer. Significa tamén  facer políticas sen vetos  inútiles  aceptando que sempre é mellor o mal menor a que todo vaia cara o desastre. Significa arredarse de compañeiros políticos que restan no canto de sumar.
 
En fin: quixera que  a señora Pontón tivera éxito nese obxectivo que propón. Quixera que tivera sorte e chegara a gobernar. Máis temo que os gardiáns das esencias poñan atrancos a tal meta. Vivir atados á comodidade da utopía pode parecer moi interesante. Mais si se queren mudar ás cousas e serlle útil á xente desta terra nunha sociedade moi plural  non queda outra que anchear a base electoral abrindo portas  e mudando conceptos arredistas e exclusivistas.  Pois do contrario  o anquilosamento ideolóxico e dogmático axudará a  que volva a funcionar o péndulo e o transvase de votos volverá a ser realidade.

A líder do BNG, Ana Pontón, intervén na XVIII Asemblea Nacional do BNG
A líder do BNG, Ana Pontón, intervén na XVIII Asemblea Nacional do BNG | Fonte: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Manuel Herminio Iglesias Natural de Seixalbo, concello de Ourense 1949. Diplomado en Maxisterio (Ciencia Humanas) e Música. Comprometido coa labor social, cultural e política, fundou diversas asociacións. Foi, dende xuño do 2009 ate xuño de 2011 concelleiro de Infraestruturas, Mobilidade e Perímetro Rural no concello de Ourense. Preside dende o ano 1997 a Asociación Cultural Agromadas. www seixalbo.com