A DANA que afecta a Valencia e Andalucía chegará a Galicia nos próximos días en forma de borrasca

Deixará chuvascos e temperaturas en ascenso, segundo informou Meteogalicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2024 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

A DANA que está a afectar á Comunidade Valenciana e Andalucía transformarase nunha borrasca nos próximos que deixará chuvascos na comunidade galega. Segundo informa Meteogalicia, dependente da Xunta, esta borrasca quedará situada ao oeste de Portugal con borrascas máis probables no sur de Galicia e temperaturas en ascenso.

Este xoves, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) rebaixou a laranxa (risco importante) os avisos por choivas en Valencia e desactivou o de Málaga. O litoral valenciano continúa en situación de risco importante por precipitación acumulada en 12 horas de 100 l/m2 no norte que poderían acumularse nunhas catro ou cinco horas.

Por outra banda, o municipio da Veiga (Ourense), en Xares, rexistrou refachos de vento de 129,7 quilómetros por hora este xoves, nunha xornada de aviso amarelo durante a madrugada en varias zonas de Galicia por este motivo. Estes refachos rexistráronse ás 2.00 horas da madrugada deste xoves. Tamén por encima dos 100 quilómetros por hora situouse Punta Candieira, en Cedeira (A Coruña), con 102,1 quilómetros por hora, ao redor das 1.50 horas da madrugada.

Evolución que terá a DANA para transformarse en borrasca en Galicia
Evolución que terá a DANA para transformarse en borrasca en Galicia | Fonte: METEOGALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta