Antiq Auria: a mellor feira de antigüidades de Galicia

Celebrarase no recinto de Expourense os días 8, 9 e 10 de novembro con 42 expositores procedentes de 5 países.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 09/11/2024 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Expourense acolle esta fin de semana a oitava edición de Antiq Auria, Feira Internacional de Antigüidades, evento que reunirá a 42 expositores procedentes de 5 países (España, Portugal, Bélxica, Suíza e Francia) e coa previsión de presentar máis de 20.000 obxectos.

Presentación de Antiq Auria. Foto: Prensa Expourense.
Presentación de Antiq Auria. Foto: Prensa Expourense.

Segundo os organizadores, a Asociación “Memoria Antiga” de Ourense, 'Antiq Auria converteuse xa en “a mellor feira de antigüidades de Galicia e unha das mellores do noroeste peninsular, porque así nolo din tanto os expositores como os visitantes”. Destacan desta edición a cantidade e calidade dos expositores, con presenza de anticuarios que participan nos grandes mercados europeos de antigüidades. Cada expositor cederá unha peza pola que os visitantes poderán poxar, a partir de 5 euros, na gran poxa do domingo ás 12.00 h.

Expourense colabora un ano máis con esta asociación de empresarios anticuarios da provincia de Ourense na posta en marcha deste evento que conta tamén co apoio da Deputación Provincial de Ourense.

horario de apertura será o venres 8 de novembro de 16.30 a 21.00 h; e o sábado 9 e domingo 10 de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 21.00 h. A entrada ten un custo de 3 euros e é gratuíta para menores de 12 anos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta