Pontón advirte a Sánchez que se dá diñeiro público a Altri "tería moi complicado" seguir contando co apoio do BNG

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2024 | Actualizada ás 15:03

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, advertiu ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, que se dá diñeiro de fondos públicos ao proxecto que Altri quere instalar en Palas de Rei "tería moi complicado" seguir contando co apoio do BNG --uno dos seus socios no Goberno--.

Así o detallou nunha entrevista na Cadena Ser recollida por Europa Press na que detallou que os nacionalistas seguirán defendendo unha "cuestión de sentido común" e espera que a retirada de apoio do BNG ao PSOE "non se produza" e téñase " en conta" o "sentir maioritario de Galicia".

"Non se poden dar 250 millóns de euros públicos a unha multinacional portuguesa para que veña a colocar unha bomba ambiental no corazón de Galicia", esgrimiu Pontón.

Neste sentido, lamentou que, cos incendios de Portugal, "está a verse" o que significa un modelo forestal de eucaliptización e "non se pode pretender" que se faga en Galicia o que "non lle deixan a facer" en Portugal.

"Pedimos ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que non faga de comercial de Altri e esperamos que non haxa nin un só euro público destinado a unha macrocelulosa que quere contaminar Galicia", subliñou a líder do BNG.

Por iso, advertiu de que "sería moi complicado" que Sánchez contase co apoio dos nacionalistas galegos se finalmente o proxecto de Altri obtén fondos públicos.

Pontón
Pontón | Fonte: BLOQUE NACIONALISTA GALEGO - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta