José Tomé: "No PSdeG pasamos un momento malo pero que imos a arranxar, seguro"

O presidente da Deputación de Lugo destaca nesta segunda parte da entrevista que o seu partido "sae fortalecido" coa nova Executiva galega. Destaca o talante de Alfonso Rueda en contraposición ao "faltón" de Feijóo e aposto polo futuro industrial de Lugo pero "se se fai ben". Sobre Altri, lembra que o BNG xa coñecía e apoiaba este proxecto para a Mariña, pero recoñece que a información que se deu inicialmente foi "malísima".

Por Xurxo Salgado | Lugo | 21/04/2025 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

Falando do PSdeG. Hai pouco que volveu saír elixido Besteiro como secretario Xeral e Lara Méndez como secretaria de Organización. Hai aí moita canteira de Lugo. Como ves os cambios? 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; a deputada e ex alcaldesa da cidade, Lara Méndez; e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé, este venres na Praza do Ferrol de Lugo. En Lugo, a 7 de xuño de 2024.
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro; a deputada e ex alcaldesa da cidade, Lara Méndez; e o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Tomé, este venres na Praza do Ferrol de Lugo. En Lugo, a 7 de xuño de 2024.

Eu creo que o partido saíu fortalecido de verdade, creo que saíu fortalecido cunha nova ilusión. Mira que sempre somos de estatutos e, aínda que había enmendas, acabou, carallo, nun tempo récord, que é unha cousa rara.

E iso, por que?

Porque estaba tamén bastante mamado o texto e acordado, e transaccionado e hai que agradecerlle a Lucho (Luis Ángel Lago Lage, ex número 2 do PSdeG) que fixo un traballo previo moi bo, de falar coa xente, de chamar… de se poñemos aquí a coma e aquí outra cousa. Eses traballos de fontanería que son sempre tan importantes. 

"O de Lara tamén é un tema que tiñamos falado"

O candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, co secretario provincial do partido e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé
O candidato á presidencia da Xunta polo PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, co secretario provincial do partido e presidente da Deputación de Lugo, José Tomé | Fonte: PSDEG-PSOE

E como ves a elección de Lara Méndez como número dous?

O de Lara tamén é un tema que tiñamos falado.

Xa falarades antes, dis, para dar o visto bo?

É unha cousa que si falamos antes. E foi algo acordado con el –Besteiro--.

Pero Tomé ti xa sabes que isto xa se vía vir porque Lara xa é a man dereita de José Ramón no Parlamento. Está no círculo íntimo de Besteiro desde hai tempo...

Eu entendo que se pode ter esa percepción pero eu non o vexo así. De feito, dos prácticamente 50 nomes da Executiva, 8 son de Lugo.

Si, pero hai outros 42 que non o son?

Porque na Coruña e Pontevedra hai máis xente. 

E iso de que o número un e o número dous do PSdeG sexan de Lugo?

Iso xa ten pasado. Cando Emilio Pérez Tauriño foi secretario general, que era de Pontevedra, Antón Louro foi o secretario de Organización. Os dous son de Pontevedra. Tamén Paco Vázquez foi secretario xeral con outro coruñés, Pepe Nogueira.

Antes de falecer, fíxenlle unha entrevista a Paula e díxome que un dos problemas do PSdeG é que non acabe nun partido de “viejunos”, e puña o caso da provincia de Lugo na que hai concelleiros e alcaldes novos

Si, coincido pero penso que tamén ten que haber unha traxectoria política, municipal, antes, e non coller xente nova por ser nova porque, que significa renovar? Lóxicamente, renovar, implica menos idade, pero tamén ten que haber experiencia. En Lugo temos a moitos alcaldes e alcaldesas novos pero xa con experiencia política, como Maira, Rubén, Carmela en Burela ou María de Viveiro. Logo xente de mediana idade como Carlos da Fonsagrada ou Roberto de Xermade e despois pois veteranos como Raposo, en Pedrafita, que leva 30 e pico. E logo temos xente con moita vida política aínda, como Pilar, Pablo Ribera. Pero se miras en Alemania, acaban de elixir un primeiro ministro de 68 anos. Polo tanto, a idade é máis productiva, porque tes a experiencia e tamén o pouso para tomar certas decisións.

Non digo que a experiencia non sexa un valor, pero que pasa se esa experiencia non chega para atraer á xente nova ou captar voto mozo, como lle pasa ao PSdeG?

Diso tedes moita culpa vós.

Ti pensas que somos os medios os responsables?

Os medios non, pero deixame explicar. Falo dos pseudomedios e as redes sociais.

Pero iso non so medios…

xa, xa, pero as chorradas que publican son cridas por moitos. A desinformación están facendo moito dano porque a chavalada está tendo un retroceso, por exemplo, en igualdade, e cren que estamos favorecendo demasiado ás mulleres. Iso é unha volta atrás clarísima. Ou mira o que pasa en Estados Unidos.

Coincido plenamente. Volvendo á política. Houbo xa varias mocións de censura, O Valadouro, Viveiro, e xa semella que o seguinte pode ser Monterroso. Como ves estas operacións do PPdeG para chegar ás alcaldías?

Pois imaxinate. O de Viveiro obedece, a un escenario onde o Partido Popular se move ben, que é no fango, e que merca políticamente os favores a outros grupos que nada teñen que ver con eles, que saíron do espazo política do Bloque. Pero para nós, a nosa alcaldesa é María.

En todo caso María tamén foi perdendo peso electoral nos últimos anos?

Porque as circunstancias políticas cambiaron. Cando María chegou non había as mareas, logo apareceron as mareas, que acabaron dándolle a alcaldía ao PPdeG. E agora o único que van facer é un lavado de cara. E haberá que estar atentos a ver como evolucionan as facturacións dalguhas empresas.

E agora que falas de empresas, temos varias empresas importantes, neste caso na Mariña, como é a Alcoa, e ti sabes que a Alcoa é un motor fundamental, económico, non só para a comarca, senón para Lugo...

Alcoa está ben, mais alá de todo o que se escribe, se vende e demais. Alcoa económicamente está ben. O tema de enerxía non é o problema. En fin, eu creo que queren aproveitar todo este debate para abaratar os custes. Non se pode dorar a píldora tanto como se dorou, porque iso que fai é distraer esforzos. Acaban de ampliar a balsa de lodos. Non está en dúbida a súa supervivencia grazas ao acordo do Goberno de España e ao compromiso de investimentos de 100 millóns para modernizar as fases produtivas. E logo temos a un Feijóo que só veu facer fotos pero sen aportar nada. 

"Feijó era así, era un faltón, e, por enriba, levou a Madrid ao talibán de Ferrol, que, bueno, está facendo de “bufón del reino do PP” alí en Madrid"

Agora que falas de Feijóo. Ves diferencias entre el e o seu sucesor, Rueda, na Xunta?. Ten un talante mellor. A relación personal con Rueda é boa máis alá de que, políticamente, evidentemente estamos nas antípodes. Fai unha política diferente e está consolidando o Partido Popular en Galicia. El é unha persoa nas formas educada e, por tanto, non se vai enfrentar a ti como se enfrentaba, maleducadamente Feijó. Feijó era así, era un faltón, e, por enriba, levou a Madrid ao talibán de Ferrol, que, bueno, está facendo de “bufón del reino do PP” alí en Madrid. 

Entón ves a Rueda consolidado?

Véxoo ben no PPdeG pero non creo que se consolidara en Galicia porque perdeu dous deputados nun momento moi malo do Partido Socialista, nunha tendencia á baixa, non polo partido en Galicia, senón porque pagamos á situación que había a nivel xeral.

Polo tanto non é imputable á candidatura de José Ramón?

Para nada. Recolleu o froito dunha situación global negativa. 

Pero non me negarás que o PSdeG non está nunha boa situación en Galicia?

Bueno, pasamos un momento malo pero que imos a arranxar, seguro. 

Falabamos de Alcoa e, agora, de Altri. Como o ves?

É unha bomba de reloxería en todos os sentidos. Eu ata que non vexa todos os informes, europeos, da Xunta e do Estado non son optimista. É certo que hai que reindustrializar pero facelo ben.

Pero as axudas dependen do Goberno central...

O Goberno central non comprometeu nin un só euro hasta agora, nin un só. Se cumple as directivas que ten que cumplir, terá os fondos. E de cumplilo terá o que toque dos pertes, pero non o que pide a empresa. 

E como ves a postura do BNG neste tema?

Pois penso que vai ao fácil, aos tempos pasados do Bloque. Non é o partido do non polo non doutros tempos porque xa goberna en moitos sitios e foron aprendendo. Eu creo que se anticiparon moito sen ter unha visión global de todos os documentos. Podemos criticar ou non o informe de Augas de Galicia, que posiblemente teña lagunas ou  oi teledirixido. Pero eu penso que se lanzaron a fogueira moi rápido e tiñan que esperar un pouco porque, ademais, eles coñecían o proxecto.

Cando era de ir a Cervo, dis, que coñecía o BNG e vós o proxecto, non?.

Si, pero entón faltaba moita información e eu mesmo xa llelo dixen ao responsable da empresa que veu falar comigo.

De Greenfiber, dis?

Si, si

E quen? 

o Pina (José Soares de Pina, presidente da empresa). Este e algúns máis estiveron aquí. Eu mesmo díxenlle que fixeran unha comunicación malísima. Habería que dicirlle á xente que isto son dúas partes, unha de fibra e outra de celulosa. E que aquí hai uns filtros para facer isto que xa non é a época de Ence.

José Tomé
José Tomé | Fonte: XdL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario (1 pend. aprobación)