Por E.P. | Santiago de Compostela | 14/09/2024 | Actualizada ás 17:52
Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), identificou a un veciño de Vilar como presunto autor de varios incendios sucedidos na parroquia de Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra.
Segundo informou a Xunta, trasldadron o ateigado ao Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, que incou as dilixencias previas por delito de incendio forestal. Ademais, puxeron os feitos en coñecemento da Fiscalía especializada en incendios forestais de Pontevedra.
A UIFO dectectou no lugar de Vilar unha alta actividade incendiaria, con seis rexistros de incendios no últimos catro anos, provocados próximos ás vivendas de Vilar e Rañadoiro.
Os axentes intensificaron as vixilancias co inicio da época de alto risco de 2024. O último incendio rexistrouse o pasado 17 de agosto e afectou a unha superficie forestal de 2,78 hectáreas.
A investigación e os operativos de vixilancia permitiron aos axentes solicitar as probas indiciarias determinantes para poder identificar á persoa que presuntamente provocou os incendios forestais de forma intencionada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.