Investigan a un home que realizaba labores de roza como presunto autor dun incendio forestal en Laza

O incendio que se lle atribúe tivo lugar na zona na que traballaba, na parroquia de Cerdedelo, e afectou a 0,52 hectáreas de monte raso.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/08/2024 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

A Garda Civil de Ourense tomou declaración en calidade de investigado a un home pola súa posible relación cun incendio forestal rexistrado a semana pasada en Laza. En concreto, segundo informou o corpo, o investigado é un veciño de Verín de 44 anos que realizaba labores de roza sen as precaucións necesarias. O incendio que se lle atribúe tivo lugar na zona na que traballaba, na parroquia de Cerdedelo, e afectou a 0,52 hectáreas de monte raso.

Roza
Roza | Fonte: XUNTA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta