Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2024 | Actualizada ás 11:10
O incendio forestal, que afecta desde este sábado ao municipio coruñés de Padrón, xa foi controlado e, segundo as últimas estimacións, calcinou unha superficie de 5,5 hectáreas de arboledo.
Segundo informou a Consellería do Medio Rural, o lume, iniciado na parroquia de Carcacía ás 19.20 horas, foi controlado sobre as 08.45 horas deste domingo. Para a súa extinción, foron mobilizados un total de 16 axentes, 27 brigadas, 17 motobombas, unha pa, catro técnicos, catro avións e catro helicópteros.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.