Máis de sete anos de cárcere por provocar seis incendios forestais en Salvaterra

O xuízo contra este home, diagnosticado cun trastorno de control de impulsos e capacidade intelectual, terá lugar o vindeiro xoves 18 de abril na Audiencia Provincial de Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 14/04/2024 | Actualizada ás 12:55

Comparte esta noticia

Un home enfróntase a unha petición de sete anos e dous meses de cárcere por provocar seis lumes forestais entre febreiro e agosto de 2022 nunha mesma parroquia do municipio pontevedrés de Salvaterra de Miño comprendida dentro dunha área considerada de alto risco de incendio. O xuízo contra este home, diagnosticado cun trastorno de control de impulsos e capacidade intelectual, terá lugar o vindeiro xoves 18 de abril na Audiencia Provincial de Pontevedra.

En total, Fiscalía imputa seis delitos de incendio forestal ao procesado, que se atopa en prisión preventiva desde o seu arresto en novembro de 2022. Segundo figura no escrito de acusación do Ministerio Público, o primeiro dos incendios que se lle atribúen tivo lugar o 3 de febreiro, cando, supostamente, plantou lume nunha zona da parroquia de Uma onde arderon 0.06 hectáreas. O resto dos cinco incendios forestais que se imputan a este home tamén se produciron na mesma parroquia, tres deles en apenas dúas semanas. O máis grave, rexistrado o 19 de abril, afectou a unha superficie de 2,09 hectáreas.

Os seis delitos de incendio forestal dos que se acusa a este home suman un total de sete anos e dous meses de prisión, ademais dunha petición de indemnización de 4.052 euros a abonar á Xunta polos gastos dos operativos de extinción. Pola súa banda, os veciños afectados renunciaron a reclamar unha compensación económica.

Axentes dos equipos de bombeiros traballan nun incendio
Axentes dos equipos de bombeiros traballan nun incendio | Fonte: Carlos Castro - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Vicente

A alguén que terían que darlle tratamento o meten no cárcere. Os pirómanos teñen unha enfermidade, os incendiarios son terroristas.