Investigado un veciño de Padrón por provocar un incendio de sete hectáreas desencadeado nunha cheminea sen tapa

A Policía Autonómica leva investigadas 12 persoas como presuntas autoras de incendios.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2024 | Actualizada ás 17:39

Comparte esta noticia

Un veciño de Padrón foi investigado por provocar un incendio forestal de 6,8 hectáreas, ocorrido o pasado 10 de agosto, cunha cheminea sen tapa na parte superior para evitar a saída de faíscas. Segundo informa a Consellería de Presidencia nun comunicado, axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Santiago, en colaboración coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) da Consellería do Medio Rural, esclareceron este lume.

O incendio produciuse na parroquia de Carcacía e toda a afectación tivo lugar en monte arboledo. A orixe do lume orixinouse nunha cheminea próxima que carecía de tapa, situada practicamente á mesma altura que a parcela na que se iniciou o lume. Os restos de combustión na cociña de leña e sobre o tellado corroboran esta hipótese. As dilixencias foron remitidas ao xulgado de instrución de garda de Padrón. A Policía Autonómica leva investigadas 12 persoas como presuntas autoras de incendios.

Policía Nacional
Policía Nacional | Fonte: POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta