Traballos de corte de metal, orixe dun incendio forestal en Avión

O incendio forestal iniciado o 31 de xullo foi causado por partículas incandescentes de serra radial durante a talla de metal, según determinou a investigación.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 05/08/2024 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o pasado 31 de xullo na parroquia de Couso do concello ourensán de Avión.

O lume afectou 0,18 hectáreas de monte raso e orixinouse durante a realización de traballos de corta de metal con serra radial sen as medidas de seguridade necesarias. As partículas incandescentes procedentes da talla de metal produciron o incendio, determinan os investigadores. Na extinción do lume participaron medios da Xunta, en concreto, dous avións, un helicóptero, tres axentes, seis brigadas e tres motobombas

A Policía Autonómica tomou declaración como investigada á persoa responsable dos traballos e trasladou as dilixencias por estes feitos ao Xulgado de Instrución de Garda de Ribadavia. No que vai de ano, a Policía Autonómica leva investigadas un total de nove persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

A Xunta apela á concienciación e á prudencia para evitar o rexistro de incendios. Así mesmo, o Goberno galego lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben de chamar no caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085.

Axentes dos equipos de bombeiros traballan nun incendio lugar do incendio, a 16 de abril de 2024, en Crecente
Axentes dos equipos de bombeiros traballan nun incendio lugar do incendio, a 16 de abril de 2024, en Crecente | Fonte: Adrián Irago - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta