Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 21/08/2024 | Actualizada ás 10:39
O incendio forestal en San Cristovo de Cea, que se orixinou ao redor das 16:24 horas do martes na parroquia de Oseira, evoluciona favorablemente cara a súa estabilización, segundo informa a Consellería de Medio Rural en redes sociais.
Inicialmente afectou a unhas 20 hectáreas, aínda que o último dato achegado polo departamento autonómico sitúa a superficie afectada en 40 hectáreas. Para o seu control, mobilizáronse ademais de persoal como técnicos, axentes e brigadas, materiais como motobombas, pas, avións e helicópteros, oito, inicialmente, en cada caso.
Ademais dos medios despregados pola Consellería de Medio Rural, nos labores de extinción participou unha dotación de bombeiros de Estonia, en formación e para os que este é o seu primeiro incendio. Este grupo de 20 bombeiros chegou a Galicia o pasado día 25 de xullo para realizar adestramentos e volverán a Estonia o próximo día 30.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.