Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2025 | Actualizada ás 18:47
A Estación de Montaña de Manzaneda espera abrir as súas pistas de esquí este fin de semana despois das nevadas rexistradas nos últimos días e as previsións meteorolóxicas que auguran máis neve durante as próximas xornadas.
Nun comunicado, os responsables indicaron que o venres, día 31, é a data "máis posible e probable" para dar comezo á "ansiada" tempada de esquí deste ano.
"A data de hoxe, danse todas as condicións para que así sexa: nevou e a previsión é que o siga facendo; ausencia de choiva, coa excepción deste mércores, e temperaturas por baixo dos 2,5 graos para os próximos días, polo que a todo iso hai que sumar o traballo dos canóns", subliñaron.
Segundo dixeron, "se nada se torce", as portas da estación poderanse abrir o venres para a práctica do esquí, aínda que a confirmación, así como o número de pistas, coñecerase ao longo dos próximos días.
"De momento, só un pero: o vento, que está alcanzado velocidades por encima dos 100 quilómetros e así seguirá, sempre segundo as previsións, ata o xoves. Para venres, sábado e domingo, a previsión é de sol e sen apenas vento", apuntaron.
Precisamente o vento (126 quilómetros por hora) condicionou esta pasada noite o traballo dos canóns, que esta noite volverán porse en marcha, mentres os equipos da Estación seguirán traballando no movemento e asentamento da neve, así como na construción de novos cortavientos para facilitar a súa acumulación e retención.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.