O vento tira un coche ao mar no Arsenal Militar de Ferrol

Acabou ao carón das fragatas da serie F-100, a F-102 'Almirante Juan de Borbón'.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2025 | Actualizada ás 21:27

Comparte esta noticia

Un vehículo sen ocupantes precipitouse ao mar na tarde deste martes no peirao número 5 do Arsenal Militar de Ferrol. Segundo fontes consultadas por Europa Press, estímase que o coche foi arrastrado ata a auga polos fortes refachos de vento e non tiña accionado o freo de man ou sufría algún tipo de avaría.

O automóbil quedou situado nun primeiro momento nas inmediacións dunhas das fragatas da serie F-100, a F-102 'Almirante Juan de Borbón'. Finalmente, acabou por mergullarse e, agora, está previsto que leven a cabo os traballos para refrotalo e retiralo da auga.

O vehículo nas inmediacións dunha fragata tras caer ao mar no Arsenal Militar de Ferrol
O vehículo nas inmediacións dunha fragata tras caer ao mar no Arsenal Militar de Ferrol | Fonte: TRÁFICO FERROLTERRA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta