Dous grandes lumes controlados en Cea e As Pontes

No do concello de Ourense queimaronse máis de 55 hectáreas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/08/2024 | Actualizada ás 10:15

Comparte esta noticia

O incendio forestal de San Cristovo de Cea, que se iniciou o martes, quedou controlado, igual que outro que comezou o mércores nas Pontes, segundo informou a Consellería do Medio Rural.

No caso do incendio da parroquia ourensá de Oseira, quedou controlado ás 23.55 horas. O lume iniciouse o martes, día 20, ás 16.24 horas. Segundo as últimas medicións, afectou a unha superficie de 55 hectáreas, todas elas de monte arborado. Para o seu control, mobilizáronse, ata agora, cinco técnicos, 31 axentes, 41 brigadas, 33 motobomas, catro pas, oito avións e outros tantos helicópteros.

Entre as brigadas mobilizadas, participaron tamén nos labores de extinción dous equipos de bombeiros de Estonia, que se atopan de estancia en Galicia no marco do mecanismo europeo de protección civil.

Por outra banda, un incendio rexistrado no municipio coruñés das Pontes, na parroquia de Somede, onte ao redor das 16.39 horas, quedou controlado ás 21.26 horas.

A superficie afectada foi de 9,5 hectáreas en raso e foron ao lugar dous técnicos, 11 axentes, 17 brigadas, 11 motobombas, dúas pas, un avión e cinco helicópteros.

Incendio forestal en Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense). ROSA VEIGA
Incendio forestal en Oseira, en San Cristovo de Cea (Ourense). ROSA VEIGA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta