Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 05/09/2024 | Actualizada ás 11:56
Un incendio forestal no concello pontevedrés de Crecente, na parroquia de Filgueira, que permanece activo, obrigou a desaloxar a máis de 20 veciños, segundo informou a Europa Press o alcalde, Xullo César García-Luengo. Medios aéreos incorporaronse xa para tentar apagar este incendio.
Debido ao mesmo, iniciado ao redor das 22.30 horas, declarouse a situación dúas ao redor de unha e cuarto da madrugada, confirmaron desde a Consellería do Medio Rural. Trátase dunha medida preventiva que se decreta pola proximidade do incendio a núcleos de poboación, neste caso concreto aos de Ameixeira e Os Reinaldos.
Algo máis de 20 veciños foron aloxados nun centro do municipio mentres que "catro ou cinco", explicou o rexedor, foron a outras vivendas que teñen. Nestes momentos, dixo, están a volver ás súas casas.
Segundo as primeiras estimacións da Consellería do Medio Rural, á espera de poder realizar as comprobacións definitivas, o lume, que se iniciou sobre as 22.32 horas de onte, superaba as 20 hectáreas de superficie afectada. Con todo, na súa última actualización, cifrou a superficie afectada nuns cen hectáras.
INCENDIO INTENCIONADO, SEGUNDO O ALCALDE
O alcalde manifestou, no entanto, que esta cifra se eleva ás case 150 hectáreas nunha zona de monte con eucaliptos e piñeiros. Ademais, apuntou xa a un feito intencional por parte de persoa ou persoas que tiñan "controlada" a zona e coñecíana ben.
Para a estabilización do lume, mobilizáronse ata o momento dous técnicos, nove axentes, 21 brigadas, 15 motobomas e tres pas, precisaron desde Medio Rural.
MEDIOS AÉREOS
Medios aéreos incorporáronse esta mañaña ao incendio no municipio pontevedrés de Crecente, na parroquia de Filgueira, para traballar, xunto aos demais medios despregados, en lograr a súa estabilización. Así o explicou José Luís Fernández Castaño, membro da UDEX, unidade operativa para facer fronte a grandes incendios, e que explicou que a principal preocupación céntrase na situación meteorolóxica.
"Que o vento non impida os labores", sinalou sobre os traballos que se están realizando para tratar de estabilizar un incendio activo e que queimou xa unha superficie dunhas 100 hectáreas aproximadamente.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.