Continúan os traballos de limpeza nas estradas autonómicas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra

A próxima semana continuará a mellora das marxes das vías en Cedeira, Ribadavia e Moaña, entre outros.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 02/02/2025 | Actualizada ás 17:04

Comparte esta noticia

A Xunta continuará a próxima semana os traballos de limpeza e roza nas marxes das estradas autonómicas das provincias da Coruña, Ourense e Pontevedra. As actuacións na provincia da Coruña seguirán este luns coas tarefas iniciadas a pasada semana na estrada AC-566, ao seu paso polos concellos de Cedeira, Cerdido e Valdoviño e tamén seguirán os da AC-413, en Ordes.

No caso da provincia de Ourense, as tarefas seguirán na OU-801, no seu percorrido polo municipio de Ribadavia, e na OU-504 ao seu paso pola cidade de Ourense e ata o alto de Ou Rodicio. Na provincia de Pontevedra seguirán os traballos de talla e roza na AG-4.6 e en diferentes tramos da vía de altas prestacións CG-4.1, que une os municipios de Moaña e Cangas. Na provincia de Pontevedra tamén continuarán co acondicionamento das zonas verdes de glorietas na PO-226, no concello de Moraña.

Roza de marxes de estradas, limpeza de biomasa
Roza de marxes de estradas, limpeza de biomasa | Fonte: Xunta de Galicia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta